Martiño Suárez

Martiño Suárez

  • A eterna promesa

    Na Vuelta de 1983 Gorospe perdeu nunha tirada máis de vinte minutos e pasou de líder a non entrar nin nos dez primeiros. Hai quen di que a responsabilidade puido con el. En Serranillos perdeu "ata o apelido"

  • A sopapos sobre a ponte

    O cadro no que Joseph Heintz retratou unha multitudinaria pelexa non é a única escena similar que se pintou nesa época, porque as pelexas colectivas eran probablemente o deporte máis popular na Venecia dos séculos XVI e XVII

  • As ratas e o barco

    "Mentres cruzaba a meta, o fascismo caía", contou Pugnaloni moito tempo despois. Cando se convenceu de que non tiña sentido reclamar o galardón, arrincou do traxe a insignia fascista, tirou con ela e marchou

  • A chispa de Tuskegee

    Alice Coachman foi a primeira muller negra en gañar unha medalla olímpica de ouro (en salto de altura en Londres 1948). Como lle ocorrera ao seu compatriota Jesse Owens uns anos antes, os Xogos foron o momento culminante da súa vida, e o regreso aos Estados Unidos, un golpe brutal de realidade.

  • Maratón punk

    É difícil imaxinar a un tipo menos atlético que Joe Strummer, pero, de crelo, chegou a completar tres maratóns na súa vida. En Londres, París e nun evento benéfico para recadar fondos contra a leucemia. As imaxes son moi estrañas: nelas vese ao artista con peiteado mohawk e unha dubidosa saúde bucodental, moi fraco e lucindo o dorsal 0918.

  • Van Looy, un malo de cómic

    Se hai no ciclismo un supervilán de cómic, ese é seguramente Rik Van Looy. Un potente equipo de gregarios para arruinar carreiras e mesmo abusos verbais en plena ruta estaban entre as súas malas artes, que ninguén sufriu tanto coma Merckx, ao que lle chamaba "pailán" pola maneira de pronunciar

  • O adestrador simbionés

    Nos anos setenta Jack Scott reclamou a fin da discriminación racial nos Estados Unidos e un deporte máis igualitario, colaborando co black power. Aínda que foi apartado dos seus cargos como adestrador universitario, soubo reinventarse, deixándonos obras teóricas e técnicas pioneiras e traballando con estrelas como Carl Lewis ou Ben Johnson.