Os populares incrementan o seu dominio no Senado, onde En Marea perde un escano

Vista dun pleno no Senado © Senado

A Cámara alta contará cun dominio esmagador do Partido Popular, que obtivo esta noite 130 dos 208 escanos en loita, subindo seis con respecto ás eleccións do 20D. Sumados aos 21 senadores/as populares desigandos polos parlamentos autonómicos, o PP ten unha clara maioría absoluta. En Galicia os populares fixéronse con 12 dos 16 postos, fronte a 3 do PSdeG-PSOE e 1 de En Marea. Neste senso, o único cambio con respecto aos comicios de decembro tivo lugar na Coruña, onde os socialistas gañan un escano. Ángel Manuel Mato Escalona ocupou finalmente o posto que en decembro obtivera José Manuel García Buitrón, por unha marxe moi estreita, de menos de mil votos.

Cómpre salientar que, ao igual que sucedera o 20D, Xosé Luis Rivas Cruz (Mini) recibiu un número de votos moi superior aos dos outros dous candidatos do BNG, uns 36 mil fronte aos 25 mil do segundo nome máis votado desta lista ou os 19 mil da candidatura do Bloqe ao Congreso.

 

Os senadores e senadoras galegas elixidas esta noite

A Coruña: Paula Prado, María Aparicio Calzada, José Luis Torres Colomer (PP), Ángel Mato (PSdeG-PSOE)

Lugo: José Manuel Barreiro, Dámaso López, Sandra Vázquez (PP), Ricardo Varela (PSdeG-PSOE)

Ourense: Edelmira Barreira Diz, María del Carmen Leyte Coello, Francisco José Fernández Pérez (PP), Luis Manuel García Mañá (PSdeG-PSOE)

Pontevedra: Marta Lucio Gómez, Miguel Fidalgo Iglesias, José Crespo Iglesias (PP), Vanessa Angustia (En Marea)

 

Vista dun pleno no Senado © Senado

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.