Pontón aposta por un cambio “dende Galiza" e "non ao servizo de ningunha forza estatal"

Pontón, na presentación da candidatura por Ourense Dominio Público @obloque

Pontón chama á xente "desencantada dos líos, as loitas de poder, os personalismos e os intereses das cúpulas" a votar polo BNG. En clara alusión aos votantes de En Marea, a candidata do BNG á presidencia da Xunta tendeulles a man para "camiñar xuntas" cara a unha "nova etapa". Ademais, durante o acto de presentación da candidatura por Ourense da fronte nacionalista, tamén fixo un chamado aos fartos "da vellas política de promesas incumpridas". 

Pontón chama á xente "desencantada dos líos, as loitas de poder, os personalismos e os intereses das cúpulas" a votar polo BNG

Así, Pontón aclarou que no BNG comparten "cansazo" con eses desencantados per tamén que contan "co foraza e a confianza dun proxecto sólido, solvente e definido coas ideas, alternativas e propostas para saír adiante". "Hai futuro para Galiza se tomamos as decisións correctas para un cambio político no noso país", insistiu a candidata do Bloque, que cre que ese cambio só é posible se é pensado “dende Galiza e non deseñado nun laboratorio nin ao servizo de ningunha forza estatal”.

“Non chega con dicir que Galiza é unha nación para non cambiar nada, hai que dar un paso adiante para un autogoberno real”, di Pontón

Ademais, tamén asegurou que “non chega con dicir que Galiza é unha nación para non cambiar nada, hai que dar un paso adiante para un autogoberno real”. Para o BNG, o proxecto para o país debe estar "baseado no apoio aos sectores produtivos e na posta en marcha de políticas innovadoras", como por exemplo no medio rural. Ao tempo, defendeu un cambio no modelo de financiamento autonómico. 

A cabeza de lista por Ourense, Noa Presas, cre, pola súa banda, que as eleccións do 25-S "non son unhas eleccións máis" e que "o nacionalismo debe ser determinante para condicionar cambios profundos”.

Pontón, na presentación da candidatura por Ourense Dominio Público @obloque

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.