O PSdeG lanza a campaña poñendo énfase no galeguismo

CC-BY-SA Praza Pública

O PSdeG vén de lanzar o lema, as liñas da súa campaña e o primeiro vídeo do candidato á presidencia, Xoaquín Fernández Leiceaga. "Unha resposta nova" é o slogan elixido polos socialistas galegos, que acompañan a frase coa banda azul da bandeira galega, que cruza o texto. 

A campaña do PSdeG aposta por "un partido máis socialista e máis galego" e por "deixar atrás a vella política"

É esa bandeira un dos sinais de identidade nesta campaña dun PSdeG que avanza que quere "un partido máis socialista e máis galego". "Queremos cambiar este país", adianta a formación, que insiste tamén en "deixar atrás a vella política" para un cambio que "ten que vir da man das políticas novas".

Máis galeguismo e novas políticas parecen ser os eixos sobre os que baseará o PSdeG unha campaña na que será "achegada, na rúa, nos espazos de traballo deste país" e "en positivo e propositiva". No vídeo, Leiceaga aposta por unha "nova política", un "novo impulso" e unha "nova reposta" aos problemas de Galicia, entre os que destaca os "recortes" levados a cabo polo goberno do PP nos últimos anos. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.