Ánxeles Cuña: "En Marea é a mellor alternativa: solvente, igualitaria e a prol da xustiza social"

Dominio Público Praza Pública

A SÚA QUENDA, SEÑORÍA

Cal é a súa principal motivación  para optar a entrar no Parlamento?
Defender o ben común no noso país con vontade responsable e sentido ético.

Por que a cidadanía debería votar por vostedes?
É a mellor alternativa: solvente, coherente, igualitaria e integradora a prol da xustiza social.

Cal é a medida máis urxente que precisa o país despois do 25-S?
Paliar a pobreza enerxética implicando a todos os níveis da administración. Rescatando ás persoas máis vulnerables e traballando polo emprego digno. Garantindo o acceso aos servizos públicos, como ensino, sanidade, servizos sociais ou cultura...,  sen exclusión. Fomentando a participación da cidadanía e rendendo contas con transparencia.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.