Luís Bará: "Temos a mellor candidata e un programa serio, solvente e valente"

Dominio Público Praza Pública

A SÚA QUENDA, SEÑORÍA

Cal é a súa principal motivación para entrar no Parlamento?

Achegar a miña experiencia e o meu compromiso como nacionalista e persoa de esquerdas para que Galiza sexa un país mellor, con xustiza, benestar, equidade e futuro.

"Somos unha forza nacionalista e de esquerdas, un produto 100% galego coa mellor candidata á presidencia"

Por que a cidadanía debera votar por vostedes?

Porque somos unha forza nacionalista e de esquerdas, un produto 100% galego, do país. E porque temos a mellor candidata á presidencia da Xunta de Galiza e un programa serio, solvente e valente para facerlle fronte aos retos que ten a nosa terra.

Cal é a medida máis urxente que precisa o país despois do 25S?

Un plan de choque para desenvolver o tecido produtivo creando emprego e riqueza e para facer fronte á emerxencia social e á exclusión.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.