O 11 de novembro, homenaxe a Camilo Nogueira

Cartaz da homenaxe Dominio Público Praza Pública

O vindeiro 11 de novembro celebrarase un acto de homenaxe a Camilo Nogueira. Será no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela a partir das 19 horas e estará conducido por Fernanda Tabarés, Manuel Rivas e Suso de Toro. Actuarán Uxía e os grupo Tundal e Pardal na rúa e intervirán Pencha Santasmarinas, Ana Gandón e Ana Miranda. Ademais, xa confirmaron a súa asistencia os voceiros e voceiras dos catro grupos parlamentarios da cámara galega: Pedro Puy, Luís Villares, Xoaquín Fernández Leiceaga e Ana Pontón.

A comisión promotora da homenaxe destaca que "Camilo é un patrimonio deste noso país e fillo das súas mellores tradicións. Enraizado pola súa orixe familiar no galeguismo republicano vigués encarna tamén as novas xeracións que retoman e refundan o nacionalismo galego desde a esquerda nos anos sesenta e setenta". "Actuando e pensando sempre desde esa corrente histórica o seu pensamento político, económico e social é unha achega fundamental ao conxunto do galeguismo, e da nación galega", engaden.

"En Camilo vemos un home eu político construtor do presente de autogoberno e benestar. Unha figura da nación que encarna pensamento crítico, tolerancia, diálogo, apertura sempre ao tempo que nos toca vivir e tamén unha firmeza nas conviccións"

"En Camilo vemos un home eu político construtor do presente de autogoberno e benestar. Unha figura da nación que encarna pensamento crítico, tolerancia, diálogo, apertura sempre ao tempo que nos toca vivir e tamén unha firmeza nas conviccións que atravesa toda unha vida fecunda. Queremos celebrar esa figura e homenaxealo como unha referencia na que nos podemos encontrar tantos e tantas cidadáns e cidadás deste país, aínda tendo puntos de vista diferentes", subliñan facendo un chamamento á participación de todas as persoas que queiran acudir á homenaxe.

O acto será aberto. Para colaborar e recibir un libro de homenaxe a comisión organizadora prega aboar 20 euros na conta: ES34 2100 2186 9102 0038 7825 (CaixaBank), indicando como concepto 'Homenaxe a Camilo Nogueira' e comunicando nome e apelidos da persoa que se inscribe, localidade e correo persoal.

 

Cartaz da homenaxe Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.