O plenario de En Marea debaterá os regulamentos de funcionamento da formación

Ana Seijas, Luís Villares e Victoria Esteban, voceiras da Coordinadora © En Marea

O Consello das Mareas de En Marea reuniuse este sábado en Santiago de Compostela para ultimar a organización do plenario da organización, que terá lugar o vindeiro día 15 de xullo, tamén na capital galega. A organización deste plenario foi presentada polas voceiras da coordinadora, Ana Seijas, Victoria Esteban e Luís Villares.

O plenario tratará a aprobación dos distintos regulamentos de funcionamento: o regulamento do funcionamento dos plenarios, o regulamento do Consello das Mareas e tamén o regulamento da coordinadora. Tamén se aprobará a carta financeira e o documento para regular a extensión territorial de En Marea.

O plenario tratará a aprobación dos distintos regulamentos de funcionamento: o regulamento do funcionamento dos plenarios, o regulamento do Consello das Mareas e tamén o regulamento da coordinadora

Ademais, o plenario debaterá tres documentos de tipo político. O principal é o que leva por título "En Marea como alternativa política das maiorías sociais de Galicia". Ademais, serán presentados e debatidos dous documentos temáticos: "As propostas para o modelo de financiación autonómico" e outro texto que repasará as necesidades de Galicia desde a perspectiva das infraestruturas: "Infraestruturas para un país". No plenario tamén nacerá o proceso doutro debate que terá como fin un documento a presentar no plenario do vindeiro decembro. Este traballo, que seguirá o proceso realizado tanto para a financiación autonómica como para as infraestruturas, abordará o devalo demográfico de Galicia.

Ata o 10 de xullo está aberto o prazo para inscripción de quen queira participar no plenario

O Consello das Mareas aprobou igualmente o calendario de prazos para a inscrición e presentación e aprobación de documentos. Os documentos aprobados pola coordinadora serán remitidos aos inscritos e inscritas a partir deste sábado para a presentación de emendas antes do seu debate no plenario. Este é o calendario acordado:

-Ata o 10 de xullo está aberto o prazo para inscripción de quen queira participar no plenario.
-Ata o 10 de xullo está aberto o prazo de presentación de emendas dos documentos remitidos aos inscritas.
-11 de xullo: cualificación das emendas pola comisión relatora
-13 de xullo: envío aos inscritass das emendas cualificadas
-15 de xullo: plenario

 

Ana Seijas, Luís Villares e Victoria Esteban, voceiras da Coordinadora © En Marea

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.