0 Gardados para despois

"Total entendemento" da patronal pontevedresa e Ciudadanos

David ReineroDavid Reinero | @DReinero


A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) emitiu este martes unha nota de prensa coa que informa dunha reunión entre o seu presidente, Jorge Cebreiros, e responsables autonómicos e locais de Ciudadanos. Nese comunicado a patronal pontevedresa só dá voz a Ciudadanos para salientar o “total entendemento” das dúas partes.

Segundo a nota de prensa, Cebreiros mantivo un “encontro institucional”, como o denomina a CEP, cos “secretarios de programas do comité autonómico, provincial e vigués de Ciudadanos, María de los Ángeles Fernández Ramil, Miguel Ángel Castro e Manuel Morgada, respectivamente”. A continuación a nota só recolle declaracións de Fernández Ramil cualificando de “frutífero” o encontro, enumerando os temas tratados (emigración, AVE ou demografía) e rematando cun desexo de futuro. “Esperamos que este fose o primeiro de próximos encontros, xa que por ambas partes houbo un total entendemento, resultando un intercambio enriquecedor tanto polas ideas, como polas opinións”, remata a nota coa que a CEP dá voz a Ciudadanos.

A CEP emite unha nota sobre unha reunión do seu presidente con tres cargos de Ciudadanos na que só dá voz a estes para gabar o acordo entre as dúas partes

A patronal pontevedresa foi sinalada polo anterior presidente da patronal galega, Antón Arias, como unha das responsables da súa propia dimisión tras amosar Arias un discurso máis progresista do que viña sendo habitual nesa entidade.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.