Caballero, proclamado candidato á Xunta: "Estamos preparados para asumir o cambio"

Caballero, intervindo na súa proclamación como candidato á Xunta CC-BY-NC-SA PSdeG

Gonzalo Caballero foi proclamado oficialmente este domingo como candidato do PSdeG á presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións autonómicas. O secretario xeral advertiu a Feijóo que pode convocar estes comicios "cando queira" porque os socialistas galegos están "preparados para asumir o cambio".

Caballero reivindicouse e reivindicou o seu partido nun acto en Compostela no que estivo arroupado polo ex-presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño e pola ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Magdalena Valerio, entre outros cargos. O líder do PSdeG dixo estar "convencido" de que a súa formación é "a mellor casa" que Galicia pode ter "para construír unha sociedade máis xusta e próspera" porque, aclarou, "Galicia merece un cambio".

Acto de proclamación de Gonzalo Caballero como candidato do PSdeG á Xunta / CC BY-SA-NC PSdeG

Caballero reta o PP a convocar eleccións "cando queira": "O tempo de Feijóo está a chegar á súa fin"

"O tempo de Feijóo está a chegar á súa fin", engadiu Caballero, tras asegurar confiado oque, no caso de que hoxe se celebrasen eleccións, "non habería maiorías e Feijóo non sería presidente". 

Ademais, a ministra de Traballo advertiu a Caballero que "ten todas as bases sentadas para ser o próximo presidente" da Xunta. "Quero vir á túa toma de posesión, en todo caso como compañeira e amiga. Pero se é como ministra, mellor", rematou. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.