0 Gardados para despois

“O resultado da creba pode non ser negativo, porque o espazo resultante da suma dos dous pode ser máis amplo”

Redacción | @prazapublica

“Este BNG así non serve, así non podemos estar dentro, dixémolo hai un ano. Intentámolo por todos os medios: É precisa a rexeneración interna, é precisa a refundación, recuperar o proxecto común. Había que intentalo por última vez, e se iso non se entendía, teríamos que traballar fóra. Nun primeiro momento houbo movementos positivos, pero dende as eleccións xerais a posición da UPG foi que non había nada que modificar, e quen teimase en modificar algo convertíase nun inimigo interior”

“O Proxecto Común non eramos só EI e +G, eramos un conxunto moi amplo de xentes diversas, que eramos capaces de facer o que reclamabamos que se fixese no conxunto do BNG”

“A separación ten que ser en boa avinza, preservando a unidade de acción fronte aos grandes problemas que sofre a xente deste país: laborais, económicos, lingüísticos”

“O resultado da creba pode non ser negativo para o nacionalismo, porque o espazo resultante da suma dos dous pode ser máis amplo do que era o espazo de agora

“Hai rapaces e rapazas, e outros que non son tan rapaces, pero que son cadros moi bos e que están opacados, e iso ten que emerxer

Segunda parte da entrevista realizada por TingaLaranga AudioVisual e David Lombao

Dominio público TingaLaranga AudioVisual

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.