Foise con Feijóo: os emblemas da xestión do bipartito, desaparecidos tres anos despois

Imaxes dalgúns dos eidos nos que o bipartito centrou a súa xestión CC-BY-SA Praza Pública

En 2009 Alberto Núñez Feijóo aspiraba por primeira vez á Presidencia da Xunta e tentou manter un particular equilibrio ao longo da campaña electoral. Malia ao seu pasado como máximo dirixente de Correos e do Insalud nos gobernos de José María Aznar e, sobre todo, como vicepresidente e conselleiro de Manuel Fraga, o PP esforzábase en amosar o seu candidato como o rostro da renovación, fronte ao "pasado" que, proclamaban, representaban PSdeG e BNG. Ao mesmo tempo, os conservadores debían estimular os celeiros de votos de Fraga e, para iso, cumpría recoñecer o seu legado político na Xunta. Unha vez pasada a campaña e coa maioría absoluta no peto Feijóo prometeu realizar un equilibrio adicional, neste caso a respecto do Goberno bipartito. No seu discurso de investidura proclamou dende o atril do Parlamento que a súa Presidencia non sería unha mera reedición da de Fraga: "nós non vimos restaurar ningún pasado nin derrubar o que fixeron ben os nosos antecesores", aseguraba. O que viña era "Galicia nova que, sen rancores nin dogmas", que "se sente peregrina polos camiños da historia”.

Tres anos e medio despois é Feijóo o que recunca como candidato e, polo tanto, a quen lle toca amosar xestión fronte ás alternativas do resto de formacións políticas. Neste contexto cabe analizar o cumprimento da devandita promesa de non "derrubar" o feito pola coalición de socialistas e nacionalistas. Unha ollada á xestión do gabinete do PP permite concluír que boa parte do mudado polo bipartito ou, cando menos, o que PSdeG e BNG tentaron converter en emblemas da súa xestión, foi reformado, reducido ou, na maior parte dos casos, eliminado. Velaquí algunhas mostras.

Xuntanza do Consello da Xunta do Goberno bipartito © Xunta
Xuntanza do Consello da Xunta © Ana Varela

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.