Jorquera: "España non está en perigo, o que está en perigo é Galicia"

Acto do BNG este sábado en Ribadeo © BNG

O candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, estivo este domingo en Cangas. Ante 300 pediu o voto para o BNG para conseguir "máis autogoberno, máis xustiza social, máis traballo e máis democracia". Jorquera clamou contra a "ofensiva centralista brutal" e neste senso afirmou que "España non está en perigo, o que está en perigo é Galicia".

Proseguindo con este argumento engadiu que "o pobo galego necesita moito máis que Euskadi e Cataluña ter máis capacidade de decisión" e pediulle a Núñez Feijóo que se "decate de que os galegos queren que Galicia poida decidir".

 

O BNG non participou nos actos relixiosos do Día do Rosario

O Grupo Municipal do BNG na Coruña non participou esta mañá nos actos relixiosos do Día do Rosario, festivo na cidade, como tampouco tomou parte da xornada da función do voto. Os e as concelleiras do BNG poñen de manifesto que a aconfesionalidade do Estado español ten que implicar a súa neutralidade. Por iso, advirten de que os poderes públicos deben respectar as crenzas e as celebracións relixiosas da cidadanía, pero non poden participar nelas para garantir o principio de igualdade.

Acto do BNG este sábado en Ribadeo © BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.