Anova denuncia que o PP lle creou unha dedicación exclusiva ao alcalde de Nogueira tras a súa prexubilación

Dominio Público Praza Pública

O alcalde de Nogueira de Ramuín, o popular Cesar Parente, porase a si mesmo un soldo de 2.000 euros netos ao mes, cun custe anual duns 35.000 euros, o que para Abnova é "un tanto abusivo para un concello de apenas 2.500 habitantes". A formación nacionalista denuncia que esta decisión chega despois de que Parente fose prexubilado de NovaGalicia Banco, e que do que trata é unicamente de crear un posto de traballo a tempo completo para o rexedor.

Anova fai fincapé en que o novo centro de día e residencia de anciáns do Concello está totalmente parado dende hai anos "porque seica non hai cartos"

Anova fai fincapé en que o novo centro de día e residencia de anciáns do Concello está totalmente parado dende hai anos "porque seica non hai cartos". Anova cre que "para un concello cunha poboación tan envellecida é primordial e esencial ter operativo un centro deste tipo que substitúa ao actual para ampliar os servizos que xa se están a dar e os amplie cando a demanda por parte dos veciños e veciñas do concello é cada día máis ampla. E iso sen contar os postos de traballo que pode xerar no propio concello". Este centro de dia foi aprobado polo bipartito na xunta e desde hai un tempo atópose en situación de comezar a funcionar, pero a non disposición de recursos económicos o impide.

Anova denuncia a inactividade da meirande parte dos servizos do Concello por mor da diminución dos orzamentos municipais, o que fai ainda máis inexplicable o aumento do gasto no soldo do alcalde

Anova denuncia a inactividade da meirande parte dos servizos do Concello por mor da diminución dos orzamentos municipais, o que fai ainda máis inexplicable o aumento do gasto no soldo do alcalde. Di que os investimentos no Concello foron practicamente nulos durante os últimos, "dedicando a maioría deses cartos á persoal para manter efectiva a súa rede clientelar que tantos votos lle da ao PP elección tras elección nese concello". Para Anova, a limpeza das fincas e das beirarrúas das estradas que comunican os pobos do concello está ausente. Nin na época de primavera-verán cando o risco de incendio é maior, se limpa en condicións para que o lume non chegue ás casas dificilmente. Ademais, o transporte público que comunica con Ourense é escaso e ineficiente xa que despois da redución de liñas feita hai meses atrás.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.