0 Gardados para despois

A Fiscalía investiga un posible caso de corrupción no Concello do Porriño

Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena | @marcosperezpena


A Fiscalía provincial de Pontevedra está investigando o Concello de Porriño por presunta prevaricación e malversación de fondos públicos na contratación irregular de servizos. Segundo publica esta mañá o Atlántico Diario e veñen de confirmar fontes socialistas a Fiscalía estaría investigando "a contratación cunha serie de empresas fóra de norma por supostas obras e servizos que nunca se realizaron", todo cun importe total duns 4 millones de euros.

Nas últimas semanas o secretario do Concello e ultimamente tamén o interventor municipal foron chamados a dependencias xudiciais para tentar aclarar estas situacións, que segundo o PSdeG-PSOE confirman "sospeitas que veñen de moi atrás". A voceira socialista Eva García afirma que veñen denunciando irregularidades dende que Nelson Santos se fixo co alcaldía en 2010 a través dunha moción de censura contra o rexedor nacionalista Raúl Francés. Salienta que é habitual que se encarguen obras e se realicen contratacións "con orzamentos non pechados", todo nun Concello que arrastra unha débeda moi importante.

Nas últimas semanas o secretario do Concello e ultimamente tamén o interventor municipal foron chamados a dependencias xudiciais para tentar aclarar estas situacións, que segundo o PSdeG-PSOE confirman "sospeitas que veñen de moi atrás"

Eva García, "dende o respecto á presunción de inocencia", reclama información aberta e pública sobre este asunto "porque os cidadáns do Porriño teñen dereito a saber que sucedeu". Para iso estableceu contactos xa co BNG para pedir a constitución dunha comisión de investigación e para que se convoque un pleno extaordinario no Concello que debata o sucedido. 

Polo de agora nin o alcalde Nelson Santos nin nigunha outra persoa foron imputados por este feitos. Pero no propio grupo de goberno a situación está xerando xa incomodidade e discusións abertas. O popular Nelson Santos goberna cunha ampla maioria de 10 concelleiros dun total de 17, despois de que na pasada lexislatura representara un grupo de independentes que finalmente se integrou no Partido Popular.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.