Galiza pola Soberanía chama a "avivar" o debate soberanista

Lectura do manifesto de Galiza pola Soberanía CC-BY-SA Galizavideo

A iniciativa social Galiza pola Soberanía fixo un chamamento á cidadanía galega a participar en todas as celebracións soberanistas que se celebren o día 25 de xullo. O chamamento realizouse nun acto público que se celebrou na Praza de Praterías e ao que asistiron máis dun cento de persoas, entre elas representantes de organizaciones políticas coma o BNG, Anova, Causa Galiza, Nos-UP, e entidades sindicais, ecoloxistas, sociais e culturais. No acto realizouse un apelo a "promover, por vías democráticas, a toma de conciencia do pobo para avanzar cara á consecución dun estado galego" e anunciouse que se comezará a traballar "de maneira inmediata" para avivar o debate e a axitación social visando a construción dun Estado galego. Entre as accións haberá unha manifestación nacional unitaria "nunha data representativa que anunciaremos proximamente"

Entre as accións haberá unha manifestación nacional unitaria "nunha data representativa que anunciaremos proximamente"

"Chamamos a promover, por vías democráticas que teñan como eixo o diálogo, o debate, a axitación social e a mobilización, a toma de conciencia do pobo galego no proceso de construción nacional, co obxectivo final de camiñar cara a unha situación de soberanía plena, fixada na consecución dun estado galego", afirma o seu manifesto, lido por unha das integrantes da súa coordinadora, Ana Costoya.

Outro dos membros da coordinadora, Mauricio Castro, avanzou que esta iniciativa social "realizará un traballo de interlocución cos diferentes colectivos sociais e tamén coas institucións". Tamén se divulgarán as teses soberanistas en distintos ámbitos, para o que contarán con especialistas en distintas materias como historiadores, xuristas, sociolingüistas, economistas ou xornalistas. Tamén promoverán "un encontro nacional pola soberanía" e convidarán a todas as entidades e persoas que "acrediten na necesidade de iniciar o proceso de construción nacional" a que se adhiran ao manifesto de Galiza pola Soberanía e participen na súa difusión. As intervencións foron pechadas pola poeta Marta Dacosta e por unha actuación da Quenlla.

Acto de Galiza pola Soberanía CC-BY-SA Galizavideo
Lectura do manifesto de Galiza pola Soberanía CC-BY-SA Galizavideo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.