0 Gardados para despois

Os delegados do PSOE elixen a Rubalcaba como secretario xeral por 22 votos

Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena | @marcosperezpena


Os delegados do PSOE veñen de elixir a Alfredo Pérez Rubalcaba como novo secretario xeral. O resultado (487 a 465), que se fixo agardar durante máis de dúas horas, indica o axustado da elección. Nos seus discursos os dous candidatos apostaron por unha renovación do partido. O reto do PSOE nos vindeiros meses, comezando polas eleccións en Andalucía e Asturias do 25 de marzo, é convencer a cidadanía destes bos propósitos, que en moitos casos se contradín coa xestión realizada na última lexislatura..

O reto do PSOE nos vindeiros meses, comezando polas eleccións en Andalucía e Asturias do 25 de marzo, é convencer a cidadanía destes bos propósitos, que en moitos casos se contradín coa xestión realizada na última lexislatura.

Rubalcaba e Chacón formaron parte dos gobernos do PSOE nesta última lexislatura, e un e outro colleitaron un resultado moi negativo nas eleccións do 20 de novembro. Rubalcaba, candidato, perdeu catro millóns de votos en todo o Estado, e Chacón, número 1 do partido por Barcelona, levou ao PSC a ser derrotado por ver primeira nunhas eleccións xerais.

Nos seus discursos previos á votación, os dous candidatos apostaron por un maior control dos mercados, por unha política social máis xusta, criticaron a especulación, a Igrexa Católica, a Angela Merkel e deixaron caer continuas chiscadelas ao electorado perdido e ao 15M. Inmediatamente, popularizouse en twitter o hashtag #seloquehicisteislaultimalegislatura, enumerando as críticas á xestión do goberno de José Luís Rodríguez Zapatero e cotexando os bos propósitos de Chacón e Rubalcaba coa política posta en práctica até hai uns meses. Os dous candidatos fixeron referencias a Zapatero, aínda que a ligazón co ex presidente foi máis clara no caso de Chacón. En cambio, Rubalcaba recibira nas últimas semanas o apoio de Felipe González, que tamén apoiara a Almunia e Bono, derrotados por Borrell e Zapatero en citas anteriores semellantes. Desta vez, a súa aposta foi a gañadora.

Os dous candidatos fixeron referencias a Zapatero, aínda que a ligazón co ex presidente foi máis clara no caso de Chacón. En cambio, Rubalcaba recibira nas últimas semanas o apoio de Felipe González, que tamén apoiara a Almunia e Bono, derrotados por Borrell e Zapatero en citas anteriores semellantes. Desta vez, a súa aposta foi a gañadora.

Os dous candidatos tamén dirixiran continuas referencias a Antonio Griñán e aos delegados andaluces, federación con máis votos neste Congreso, e clave para o resultado. Griñan déralle nos últimos días un apoio implícito a Chacón, pero semella que iso non foi abondo. As perspectivas do PSOE nas eleccións do 25 de marzo son moi negativas, e o actual presidente da Junta parecía buscar un revulsivo.

Porén, semella que o PSOE vai ter que realizar algo máis que un cambio de caras ou lanzar unha serie de bos propósitos (contraditorios nalgúns casos coa xestión realizada) para recuperar os catro millóns de votos que perdeu en novembro. Chacón comezara o seu discurso facendo un chamamento a "mirar aí fóra", onde -dixo- hai catro millóns de persoas "que se distanciaron pero que no lle deron as costas definitivamente ao PSOE" e que están agardando "deste Congreso e deste partido un sinal. Rubalcaba fixo chamamentos semellantes, aínda que apostando máis pola continuidade e pola solidez do partido. O visto e escoitado polo de agora no congreso non engade moito máis que un cambio cosmético e algúns pronunciamentos máis retóricos que reais.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.

Lapelas Versión despregada

Caamaño: "Vaise producir un xiro á esquerda"

Francisco Caamaño, unha das caras máis visibles da candidatura de Carme Chacón, salientou que "se viviu un exercicio ben bonito de democracia" e conminou a todo o partido "a traballar e a poñer en prácticas todas as emendas que imos aprobar esta fin de semana, coma as primarias para elixir candidato ou candidata". O político galego afirma que o Congreso "foi un exemplo, ademais, de diálogo, de elegancia e de que se poden facer estas cousas sen divisións"

Para Caamaño, “a candidatura de Chacón propoñía un proxecto ambicioso, de cambiar moitas cousas, seguramente máis que a de Rubalcaba. Pero son os delegados os que deciden e son moitos os elementos que os delegados valoran". Conclúe que "fixemos unha proposta apostando por unha proposta de transformación, pero os delegados apostaron por unha solución máis conservadora. Pero cambios vai haber, e vaise producir un xiro á esquerda”

"Fixemos unha proposta apostando por unha proposta de transformación, pero os delegados apostaron por unha solución máis conservadora. Pero cambios vai haber, e vaise producir un xiro á esquerda”

Leiceaga: "En tempos de dificultades, o partido optou por garantías de presente en vez dunha aposta de futuro"

 

Xoaquín Fernández Leiceaga, salientou que o PSOE sae reformzado do Congreso, "a democracia ás veces hai medo a practicala, pero ten estes efectos, cando se fai dende unha cultura progresista”. Leiceaga, que apoiou a Chacón, confía na vontade de integración na executiva e nos demáis órganos rectores do partido dos militantes que se puxeron do lado da candidatura derrotada: "esa foi a vontade expresada por Rubalcaba pola mañá e pola tarde e non hai que desconfiar diso. Ademais, o feito de que o partido estea repartido case ao cincuenta por cento facilita e obriga esa vontade de integración".

“Chacón significaría darlle un horizonte maior ao proxecto, e Rubalcaba significa un horizonte máis curto, pero a política vénnos rápido nestes tempos”.

 

O político galego cre que o partido apostou pola solidez fronte á renovación: “hai a sensación de que Rubalcaba ten unha solidez política contrastada e Chacón xeraba unha incerteza maior, necesariamente, porque todas as apostas son así. E o partido en tempos de dificultades optou por garantías de presente en vez dunha aposta de futuro”. E ante a pregunta de se o novo secretario xeral pode ser un líder de transición, dixo que, aínda que o tempo o dirá, “Chacón significaría darlle un horizonte maior ao proxecto, e Rubalcaba significa un horizonte máis curto, pero a política vénnos rápido nestes tempos”.

"Chacón supón dicir 'o futuro comeza xa' e Rubalcaba significa 'en tempos de dificultades apostar pola solidez e a experiencia"

Dominio público

O PSOE aposta por reforzar internamente o partido

A palabra máis repetida -nunha forma ou outra- por Alfredo Pérez Rubalcaba no seu primeiro discurso como secetario xeral do PSOE foi "unidade". Prometeu, por exemplo, ser o "secretario xeral de todos os socialistas, sen facturas nin salvoconductos", insinuando a integración, sen sectarismos, de Chacón e dos seus principais apoios, unha integración que se comprobará mañá domingo na conformación da executiva federal do partido. Rubalcaba repetiu "unidade e cambio" salientando esa orde das palabras, e non outra, "porque este é xa un momento de unidade, un acto de unidade".

O discurso de Rubalcaba deixou ver máis continuísmo que cambio, máis aló das mensaxes dirixidas a controlar aos mercados e axentes financeiros: “hai uns días un banqueiro (Emilio Botín) dixo que os políticos nos trabucáramos. Creo que algo de razón tiña: trabucámonos en non meter man aos especuladores e aos banqueiros. Non nos pode volver pasar”, ou á Igrexa: "se cada vez que a dereita chega ao poder volve impoñer dogmas que son só de algúns, nós teremos que revisar tamén algunhas normas da Transición. El PSOE replantearase seriamente a revisión do acordo coa Santa Sé". De feito, o seu discurso pechouse cunha cita, consciente, a Lampedusa: "se me dades a confianza, responderei con traballo para conseguir isto: cambiar o PSOE para que siga sendo o PSOE".

Nun momento no que, perante a devacle sufrida o entre o 22M e o 20N coa perda de máis de catro millóns de votos e case todo o poder institucional, moitas voces lle reclamaban ao PSOE unha apertura á sociedade, unha meirande permeabilidade e flexibilidade, os delegados do partido apostaron por reforzar e solidificar o aparato.

Rubalcaba representa a experiencia, a solidez e a continuidade pola súa traxectoria previa e carácter, pero tamén no seu discurso fixo referencia á necesidade de reforzar o partido, incrementando a súa verticalidade e centralización: "non podemos traspasar a líña que separa un partido federal dunha confederación de partidos". E algo que soou a enrocamento perante as dificultades, a resistencia: "somos un partido forte, por iso estamos aquí e por iso hai tanta xente véndonos fóra". En situacións anteriores de crise, o PSOE apostou pola opción máis renovadora (Borrell, Zapatero) fronte á continuísta (Almunia, Bono). Desta vez, cun descenso electoral aínda máis importante, non foi así.