A prensa galega e estatal destaca o cambio histórico do 24M

La Voz de Galicia constata en tipografia grande o cambio na tendencia electoral galega © kiosko.net

Os xornais galegos e estatais recollen nas súas portadas a mudanza na tendencia tras un domingo no que o PP se derrubou ao perder a maioría de grandes cidades e autonomías. En Galicia só teñen asegurada Ourense e o PSOE podería presidir tres das catro Deputacións con pactos. A prensa provincial tamén recolle a victoria das mareas en Santiago e Coruña, a victoria de Lores en Pontevedra e a amplísima maioría de Caballero.

Os diarios estatais focalizan as súas portadas no xiro á esquerda agás La Razón, que titula cunha única palabra: Inestabilidad

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.