Galicia tenta cubrir 63 prazas de medicina de familia na 'segunda volta' do MIR
O 30% das prazas de formación en medicina familiar e comunitaria ofertadas na quenda ordinaria quedaron sen cubrir. As áreas de Lugo, Ourense e Ferrol son as máis prexudicadas polas prazas vacantes. O pasado ano quedaran 39 baleiras, o 20% das ofertadas, e na segunda volta só se cubriran 6