- Análise Pola sanidade pública
- Política
Do colapso da Atención Primaria á falta de médicos en Urxencias: o que ten por resolver o novo conselleiro de Sanidade
Son moitas as frontes abertas para Antonio Gómez Caamaño, que colle o cargo nunha situación a priori máis tranquila que o seu predecesor, Julio García Comesaña, que xestionou a peor época da pandemia en Galicia nada máis acceder á Consellería. Aínda así o novo titular de Sanidade ten sobre a mesa diferentes situacións conflitivas que complican a xestión da sanidade pública galega. En concreto, as que teñen que ver coa xestión dos recursos humanos