Política
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Santalices, presidente
O ourensán, deputado máis veterano, comezará a nova lexislatura volvendo ser presidente do Parlamento, sendo así tamén o dirixente cun mandato máis prolongado á fronte da institución. Alén das tensións puntuais, o popular veu sendo quen de tecer complicidades cotiás con membros dos grupos da esquerda, cos que tamén atopa ligazóns grazas ás súas boas conexións no ámbito cultural. A ata agora conselleira de Infraestruturas ocupará a secretaría primeira na Mesa do lexislativo
A dirección central do PP sentencia que a Xunta non aplique os límites ao alugueiro que piden A Coruña e Santiago
Dende esta semana é oficial o índice de prezos de alugueiro, clave para limitar os custos do arrendamento nas 'zonas tensionadas' ao abeiro da lei estatal de vivenda. "As comunidades autónomas do PP non o aplicarán", advirte a dirección do partido mentres o Goberno galego afirma que aceptaría as peticións dos concellos coruñés e compostelán se están "debidamente argumentadas"
- Entrevista | Dolores Fernández Galiño
- Política
"A cidadanía galega toma conciencia de que queixarse forma parte do exercicio dos seus dereitos"
Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo desde 2019, lamenta que "hai persoas que ás veces quedan nas marxes" dos procedementos administrativos. "Para situalas no centro estamos nós", salienta
O PP apoia no Congreso restar competencias ao Parlamento galego sobre o Tribunal Superior de Xustiza
A Cámara Baixa rexeitou, malia aos votos a prol de PP, Vox e UPN, tramitar a lei promovida pola Asemblea de Madrid para retirar competencias autonómicas en materia xudicial. A proposta madrileña pretendía que os parlamentos autonómicos deixasen de ser responsables de propoñer unha listaxe de candidaturas para cubrir unha de cada tres prazas das Salas do Civil e Penal dos Tribunais Superiores de Xustiza
O BNG promoverá investigar no Parlamento os contratos COVID da Xunta se o PP "non acepta unha auditoría"
O deputado Luís Bará reclama que as pescudas atendan á "indecencia" de comisionistas que "fixeron negocios multimillonarios" en plena emerxencia sanitaria e a contratacións concretas con empresas como Sibucu, Mape ou Universal Support. Nesta lexislatura o Bloque ten a posibilidade de abrir unha comisión de investigación aínda que o PP se opoña
A parella de Ayuso mediou cunha empresa que vendeu 9,8 millóns en material COVID á Xunta no inicio da pandemia
Segundo as informacións divulgadas, González Amador actuou como intermediario para a catalá FCS Select Products, que lle pagou case 2 millóns polas vendas de material COVID negociadas coa galega Mape Asesores. A clave da suposta fraude reside na presunta vontade do comisionista por ocultar eses ingresos a Facenda. Mape foi o principal provedor de máscaras e batas para o Sergas nos primeiros meses da pandemia, con compras de 8,8 e un millón de unidades, respectivamente, que sumaron uns 7 millóns de euros
Unha ollada cuantitativa (e alternativa!) aos resultados do 18-F
Xabier Cid VidalDez anos despois de Angrois a UE considera que España cumpre coa normativa europea de seguridade
A Comisión Europea pecha o expediente que abriu hai cinco anos polas avaliacións de riscos ferroviarios tras unha denuncia do BNG, que se congratula do "plan de acción de seguridade ferroviaria" supervisado por Europa
Corina Porro, a muller que o foi todo en Vigo, engade agora o cargo de ex-política
A popular, que non foi incluída nas listas do PP para as eleccións do 18F, anuncia que deixa a primeira liña política tras 30 anos pasando por todo tipo de cargos públicos
524 médicos do Sergas que traballan na privada xa cobran o plus antes condicionado a exercer só na pública
A extensión do complemento ao persoal médico que tamén exerce na privada foi un dos pactos do Sergas co sindicato gremial CESM para desconvocar a folga de 2023
Ence dáse de 5 a 10 anos para comezar a executar melloras ambientais que asinou hai 8 anos
A prórroga da concesión que lle deu Rajoy en funcións en 2016 estaba condicionada a actuacións que a Consellería de Industria somete a exposición pública aínda agora