Política
Feijóo reúne o Consello da Xunta para comunicar a data das eleccións
O presidente da Xunta revela esta tarde se as eleccións cadran ou non coas vascas o 25 de setembro, caso no que o Consello terá que ditar o decreto de disolución do Parlamento.
As listas matriosca do PSdeG
Como as bonecas rusas, a decisión que sobre as candidaturas á Xunta adopta cada nivel do partido socialista encerra toda unha historia de apoios, enfrontamentos, negociacións e correccións técnicas. Pechado o proceso local e provincial, os órganos autonómico e estatal terán agora a última palabra.
Feijóo di que non se ve na oposición
O presidente asegura, nunha entrevista publicada en Europa Press, que marchará se non acada a presidencia ou a ostentará os catro anos se a revalida. Sobre Angrois, pregúntase que ten que ver el co accidente e considera inxusto que as vítimas o critiquen.
A Marea faise partido instrumental e espera que Podemos se sume na loita pola Xunta
A asemblea constituínte de Vigo crea a nova formación, cuxo candidato será elixido de xeito directo polas bases e na que o resto das listas poderán ser consensuadas. Os seus líderes apelan á unidade á espera de coñecer o resultado da consulta que Podemos Galicia realizará entre os seus simpatizantes para decidir se se suman dalgún xeito a unha candidatura conxunta.
Podemos Galicia mantén distancias coa Marea, mentres que Iglesias a aplaude
A secretaria xeral galega, Carmen Santos, acude finalmente este sábado ao encontro constituínte de Vigo á espera de que as bases decidan nunha votación a realizar ata o martes se concorren ás autonómicas de outono en solitario ou “en alianza electoral” con outras forzas, mentres que os alcaldes do cambio reclaman a súa integración nunha única marca electoral.
Galego coma ti 2.0: A patria paripé de Feijóo
Ana Luísa BouzaA oposición dá por feito que haberá autonómicas o 25 de setembro
Leiceaga pide que Feijóo convoque canto antes as eleccións galegas, Pontón lamenta que sexa Urkullu quen fixe a data e Noriega asegura que as mareas chegarán a tempo coa súa candidatura aínda en construción.
Urkullu fixa as eleccións vascas para o 25 de setembro e marca o guión das galegas
A axenda electoral vasca volve marcar a galega. Feijóo evita aclarar cando ditará a convocatoria pero advirte de que lle "gustaría coincidir" coa data decidida polo líder vasco, como acordara con el o pasado abril.
Feijóo eloxia agora a Touriño como “coherente e cabal” tras culpalo da crise en Galicia
A presentación dun libro cos discursos parlamentarios do socialista fai que ambos coincidan na defensa de políticas moderadas fronte aos “populismos”.
Autonómicas 2016: Carta aberta ás formacións políticas
IGADIA Fiscalía querélase contra un ex-dirixente do PP galego por mentir en defensa dun narco
Carlos Mantilla, que foi deputado, senador, vicepresidente da Deputacion de Pontevedra e presidente do PP de Vigo, tería falseado unha peritaxe para xustificar como aforros os ingresos que o Culebras obtiña de actividades ilícitas. O fiscal critica a súa "teimosía, temeridade e falta de rigor contable" para "favorecer os intereses dos seus clientes".