Sobre Praza

Licenzas

Textos e imaxes

Todos os contidos textuais de Praza.gal están liberados, por defecto coa licenza Creative Commons BY-SA. Es libre de reproducir os nosos textos parcial ou integramente e distribuílos como queiras sempre que cites a súa autoría e empregues tamén a mesma licenza.

Os contidos da sección de opinión son propiedade dos seus autores, que por defecto os liberan coa mesma licenza. Se algún autor ou autora decide empregar unha licenza máis restritiva consignarase na súa ficha. A Fundación Praza Pública non comparte necesariamente os contidos da sección de opinión, dos que son responsables a todos os efectos as persoas autoras de cada artigo.

Todos os contidos audiovisuais producidos por Praza.gal están liberados coa mesma licenza Creative Commons BY-SA. Os que non sexan producidos por Praza.gal conterán a súa licenza específica.

Deseño e software

O deseño e programación xeral do xornal é obra do Laboratorio Numax e está liberado baixo licenza GNU Affero 3.