0 Gardados para despois

Heterotopias refuxiadas

Heterotopias Refuxiadas é un proxecto xornalístico multimedia de Praza.gal que se desenvolve no mes de agosto en Grecia para afondar na situación das persoas refuxiadas e nas realidades vinculadas a elas

26 Outubro 2016

21 Outubro 2016

  • Natasha: o calvario das outras refuxiadas

    Esta muller transexual paquistaní abandonou o seu país rumbo a Europa. Non deixou atrás unha guerra, pero si unha violencia extrema que seguiu durante a súa odisea até Grecia, desde onde espera chegar a España cun visado humanitario que debe conceder o Goberno central. Vídeo no interior.

5 Outubro 2016

  • Roula, a muller grega que acolleu cen refuxiadas

    VÍDEO-REPORTAXE Na casa desta xubilada en Kavala xa viron a luz tres pequenos e varias persoas recuperáronse de graves doenzas. "Non aturabamos ver como toda Europa lles daba as costas", di quen convive agora cun sirio e unha familia curda. "Con elas chegou a alegría", asegura. 

12 Setembro 2016

  • Skala Sikaminea, unha vila de Nobel

    VÍDEORREPORTAXE A pequena localidade da illa de Lesbos ten varios veciños como candidatos ao premio Nobel da Paz pola súa organización e labor para axudar as refuxiadas que chegaban ás súas costas. "Un Nobel non vale para nada; o que queremos é que acabe a guerra", din. 

8 Setembro 2016

  • O inhumano campo de Moria, en Lesbos: "Trátannos como animais"

    VÍDEORREPORTAXE O centro de detención é un dos puntos negros do acollemento de refuxiadas en Grecia. Ateigado, con mala comida, abafante calor e escaseza de auga potable, a súa opacidade é total e varias ONG abandonaron xa o recinto ante a vulneración dos dereitos das persoas. 

6 Setembro 2016

  • O 'oasis' de Kara Tepe: onde as refuxiadas son hóspedes

    VÍDEORREPORTAXE O proxecto Refuxiados pasa un día neste campamento para persoas vulnerables, un exemplo e modelo en Europa sobre o tratamento aos desprazados, aos que "proporcionan coidados e garanten os seus dereitos" para "preservar a dignidade". 

2 Setembro 2016

  • Aylan: un ano despois, 400 nenos máis afogados no Mediterráneo

    Este venres cúmprese un ano da morte e imaxe do cativo curdo que axitou as conciencias de millóns de persoas. 365 días despois, a realidade das desprazadas segue a ser igual de crítica tras a ineficaz política da UE. Dende 2014, máis de 10.000 migrantes perderon a vida no Mediterráneo. 

1 Setembro 2016

31 Agosto 2016

  • Proactiva Open Arms: arriscando vidas para salvar milleiros

    VÍDEORREPORTAXE A organización humanitaria catalá continúa a salvar vidas a diario no Mediterráneo, a última vez o pasado luns, cando participou no rescate de 6.500 persoas. Só eles realizan actuacións directas no mar. "Non abandonaremos mentres haxa xente que poida morrer afogada"

     

30 Agosto 2016

  • A solidariedade cos refuxiados impulsa en Lesbos novos modelos turísticos

    A illa pasou en pouco tempo dunha economía e modo de vida baseada na pesca e no turismo a axudar milleiros de refuxiados e ser mundialmente recoñecida. Varias iniciativas impulsan proxectos alternativos e sostibles baseados nos valores humanos e que compensen o descenso de visitantes. 

29 Agosto 2016

  • "Europa pecha os ollos e mira cara a outro lado cos refuxiados"

    VÍDEORREPORTAXE Case 60.000 persoas esperan bloqueados en Grecia poder ser aceptadas nalgún Estado da UE e tan só 500 persoas foron recolocadas dun total de 160.000 pendentes. Testemuñas do seu drama, refuxiados e voluntarios opinan da resposta comunitaria.

26 Agosto 2016

25 Agosto 2016

  • A extrema dereita ataca unha casa de refuxiadas en Atenas

    Grupos racistas atacaron con cócteles molotov unha 'squat' da capital grega onde durmían 250 persoas refuxiadas. Nos últimos meses, a ultradereita leva a cabo ataques racistas e Amencer Dourada intenta sacar rédito político co seu discurso xenófobo. 

23 Agosto 2016

22 Agosto 2016

  • A Escola, un espazo de vida digna para os refuxiados en Atenas

    VÍDEORREPORTAXE O proxecto Heterotopias Refuxiadas métese nun 'squat' da capital grega, un colexio abandonado que o colectivo Voluntart converteu en dous meses nun lugar de esperanza para 400 desprazados e que sofre a falta de recursos materiais e humanos

18 Agosto 2016

17 Agosto 2016

  • Voces refuxiadas: testemuños desde Grecia

    VÍDEORREPORTAXE Sara, fuxida de Irán, e Farhar, que escapou dos talibáns e do Daesh en Afganistán, cóntannos a súa odisea para chegar até Atenas, o sufrimento na súa terra, as penuras no país heleno e todos os atrancos para conseguir o desexado asilo en Europa. 

16 Agosto 2016

  • City Plaza de Atenas: o mellor hotel de Europa

    VIDEORREPORTAXE Construído para os Xogos de 2004, pechou coa crise e botou todas as empregadas. Desde abril, funciona como Centro de Aloxamento para Refuxiados tras o impulso de activistas de esquerda, que acollen 400 persoas nun centro autoxestionado e autoorganizado

10 Agosto 2016

9 Agosto 2016

  • Un refuxio en Grecia

    Máis de 57.000 persoas refuxiadas viven na actualidade atrapadas en territorio grego mentres agardan por unha resposta ás súas peticións de asilo. Un equipo de Praza percorre as rúas da capital grega para coñecer a súa vida diaria.

5 Agosto 2016