0 Gardados para despois

Un país sen caixas

O 1 de decembro de 2010 botou andar Novacaixagalicia, froito da fusión entre Caixa Galicia e Caixanova. En setembro de 2011 consumouse a bancarización dunha entidade con máis de tres millóns de clientes e unha cota de mercado de preto do 50%. A nacionalización de Novagalicia Banco e a absorción de Banco Pastor deixa Galicia sen poder de decisión no sector financeiro, máis aínda tras a adquisición, o 18 de decembro de 2013, da herdeira das caixas galegas polo venezolano Banesco.

27 Xuño 2014

  • Das caixas a Abanca en tres fotos

    Banesco oficializa o seu control de Novagalicia Banco cunha nova marca comercial e garantindo boas prácticas bancarias. Os actos, aos que Feijóo asistiu como convidado, culminan unha xeira iniciada coa fusión de Caixa Galicia e Caixanova.

21 Xaneiro 2014

23 Decembro 2013

19 Decembro 2013

  • Da gran caixa galega ao mal menor

    O Goberno galego pon o acento en que a compra por parte de Banesco é a decisión menos mala para os intereses de Galicia e defende a "contundente" oferta venezolana obviando, non obstante, o entusiasmo co que impulsou a fusión entre Caixa Galicia e Caixanova.

  • E que pasa agora co persoal de Novagalicia?

    Máis de 4.500 traballadores e traballadoras están pendentes do seu futuro tras a venda da entidade a Banesco, que asegura que manterá o cadro de persoal, algo do que os sindicatos non se fían tras eliminarse a metade dos postos de traballo das antigas caixas. A CIG pide que se retire o ERE vixente

18 Decembro 2013

17 Decembro 2013

13 Decembro 2013

18 Novembro 2013

17 Novembro 2013

  • As 25 cifras dun rescate bancario sen pagar

    Dende 2007 volatilizáronse 250.000 millóns de euros entre perdas e activos tóxicos na economía. O Estado dá por perdidos 36.000 millóns de euros, unha cuarta parte no buraco de Bankia. A nacionalización de Novagalicia Banco supuxo 5.425 millóns.

13 Novembro 2013

13 Outubro 2013

8 Outubro 2013

3 Outubro 2013

18 Setembro 2013

  • A irrelevancia da Xunta na venda de Novagalicia Banco

    O FROB reduce o papel do Goberno galego ao dun mero opinador no proceso de poxa da entidade herdeira das antigas caixas. Mentres, o gabinete de Feijóo mantén que traballa para que NCG manteña "os centros de decisión en Galicia". Audio no interior

  • E se a obra social das antigas caixas queda en nada?

    O persoal da Fundación non se fía das promesas da Xunta e exixe ao FROB que garanta que o comprador de Novagalicia asumirá o mantemento da obra social. "Está tan metida en nós que non somos conscientes do que supón para os galegos perdela", explican.

9 Setembro 2013

28 Agosto 2013

9 Agosto 2013

11 Maio 2012

  • De Guindos acelera o final de Novagalicia Banco

    As novas esixencias de blindaxe ante o ladrillo obrigan a NCG Banco a captar uns 1.000 millóns máis e a explicar antes de xullo como o fará. A premura imposta polo Goberno central e a preferencia do Banco de España pola poxa pechan aínda máis as portas a un futuro en solitario para a entidade.

22 Abril 2012

31 Marzo 2012

12 Marzo 2012

6 Marzo 2012

29 Febreiro 2012

27 Febreiro 2012

23 Febreiro 2012

21 Febreiro 2012

16 Febreiro 2012

15 Febreiro 2012

7 Febreiro 2012

3 Febreiro 2012

  • De Guindos reduce por lei un 65% o soldo de Castellano

    Novacaixagalicia, como xa indicou Praza, deberá transformarse nunha fundación de carácter especial xa que non prevé en ningún caso superar o 25% da cota de poder en Novagalicia Banco. Os directivos das entidades nacionalizadas terán un salario máximo de 300.000 euros ao ano

  • Novagalicia Banco: o aforro sacrificado dos galegos

    A historia da caixa única galega comeza no outono de 2009. A expansión acelerada, a concentración nos riscos e a connivencia dos Gobernos autonómico e central fixeron que Caixa Galicia e Caixanova consumasen a súa fusión con severos problemas de solvencia. Unha reforma lexislativa do Executivo socialista crebou a aspiración social da empresa. Outra modificación, desta vez do Goberno popular, pode rachar coa aspiración mesma da supervivencia

2 Febreiro 2012

  • O Goberno finiquita a aventura de Feijóo e Castellano

    As catro entidades nacionalizadas polo Estado, entre elas Novagalicia Banco, van ser sacadas ao mercado "o antes posible". Sairán á venda. A poxa, de producirse, pon fin á aventura de José María Castellano como presidente dun banco que esperaba contar ata o mes de setembro para captar 500 millóns de capital. Feijóo debe comparecer o día 15 no Parlamento galego para falar do futuro da entidade.

  • A Xunta quere adquirir cadros de NGB para levalos á Cidade da Cultura

    A Xunta de Galicia asegura estar a traballar para lograr que as coleccións pictóricas de Novacaixagalicia (antes Caixa Galicia e Caixanova) sexan postas á disposición "do patrimonio público galego". A Consellería de Cultura e Educación non descarta a adquisición de cadros para trasladalos á Cidade da Cultura

  • Préstamos fóra de prezos de mercado para a dirección de NCG

    Segundo a última estatística do INE, o tipo medio que un usuario tivo que pagar para formalizar unha nova hipoteca foi, con datos de novembro, do 4,5%. Esta taxa é case un 18% máis elevada a nivel interanual (en comparación co mesmo mes do ano anterior). No caso das caixas, o tipo de xuro é catro décimas superior. Non obstante, a alta dirección de Novacaixagalicia goza de tipos moi por debaixo do prezo de mercado

1 Febreiro 2012

  • Traballar sen crédito

    No primeiro trimestre do ano 2006 a banca incrementou en case un 27% a concesión de créditos a empresas e familias de Galicia. Coa desaparición case efectiva das caixas e a crise de solvencia das entidades ampútase, en moitos casos, o acceso ao crédito para parte da cidadanía galega