0 Gardados para despois

Arden as fragas

O parque natural das Fragas do Eume padece dende o mediodía deste sábado un devastador incendio que arrasa un dos bosques atlánticos máis importantes de Europa. Iniciado contra as dúas da tarde no municipio da Capela, a existencia de tres focos iniciais no lume obrigou a decretar a alerta nivel 1 pola proximidade das lapas ás vivendas e que se estendeu, seguindo o curso do río, cara a catro concellos veciños, entre eles As Pontes. O alcalde da Capela lamenta que no seu municipio xa non quede "un metro cadrado" de fraga sen queimar porque "ardeu todo" e denuncia que durante a noite se produciron "erros de coordinación" entre os diferentes medios de extinción. 

11 Abril 2012

10 Abril 2012

5 Abril 2012

4 Abril 2012

3 Abril 2012

  • Pontedeume dixo: "Lumes nunca máis"

    Case un milleiro de persoas participaron este luns nunha asemblea cidadá para constituír a Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume. Foron moitos os cidadáns, membros de colectivos ou a título individual, que quixeron compartir as súas preocupacións e a súa opinión sobre o sucedido, sobre os responsables da catástrofe e as posibles solucións.

2 Abril 2012

  • A indignación bérrase no Eume e en toda Galicia

    Unhas 800 persoas concentráronse este luns diante do Concello de Pontedeume para conformar a Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume e en en protesta pola xestión do incendio que arrasou unha parte deste bosque atlántico. Nas sete cidades galegas e en moitas vilas tamén houbo concentracións, nas que se demandou unha nova xestión forestal e dimisións políticas. Galería no interior

  • "Os 22 millóns que se recortaron do orzamento de prevención dos lumes non saen gratis para os cidadáns"

    Tareixa Paz, deputada do BNG, ofreceu unha rolda de prensa en Monfero acompañada de Ana González, voceira nacionalista no concello, un dos máis afectados polo incendio das Fragas. Paz anunciou que pedirá a comparecencia de Rosa Quintana no Parlamento o 10 de abril e que solicitará que se depuren responsabilidades políticas por unha prevención insuficiente, a falta de información e a falta de medios na extinción, segundo denunciou. Audios no interior

  • Os ecoloxistas acusan á Xunta de "opacidade" na xestión das Fragas

    Adega, SGHN e Verdegaia rexeitan as teorías conspiradoras, insisten na escaseza de medios e censuran a "falta de transparencia" do Goberno galego arredor do parque natural. "Non sabemos nin cantos propietarios hai, nin canta xente vive, nin canta xente traballa no seu coidado; non temos nin unha cartografía detallada da zona", explican. 

  • O incendio político: "Feijóo xa ten o seu Prestige"

    O BNG atribúe aos recortes a dimensión acadada polo incendio nas Fragas e o PP asegura que Feijóo aproveita a súa presenza en Madrid, no Comité Executivo do seu partido, para realizar xestións ante o Goberno central reclamando axuda para Galicia.

  • Medio Ambiente eleva a 1.000 hectáreas o desastre do Eume, Medio Rural manteno en 750

    A conselleira do Medio Rural recoñece que a estimación de hectáreas queimadas aínda é "provisional" e o conselleiro de Medio Ambiente xa estima que foron arrasadas 1.000 hectáreas. A Xunta, dende o seu Twitter, di que "a cifra oficial non variou". Tras a segunda noite de batalla contra as lapas o Goberno as brigadas traballan arreo antes de que o vento reavive a mediodía. O Goberno galego atribúe as queixas dos alcaldes ao "nerviosismo" e pon a Hernández á fronte da relación cos cinco concellos.

  • Para ADEGA, SGHN e Verdegaia o lume é consecuencia da falta de planificación na política forestal

    Os tres colectivos sinalan como causas a ausencia dun programa forestal no parque natural -o que permitiu a extensión dos eucaliptais na zona-, a redución do caudal do Eume -utilizado para encher a lagoa artificial das Pontes-, e a redución do investimento da Xunta nas políticas de prevención e no persoal encargado de coidar os espazos naturais. Ás 20 horas constituirase en Pontedeume unha plataforma cidadá, e ás 20.30 están convocadas concentracións en todas as cidades.

1 Abril 2012

31 Marzo 2012

13 Marzo 2012