0 Gardados para despois

audiovisual galego

O audiovisual feito en Galicia celebra esta fin de semana na Coruña a súa festa anual, a Gala dos Mestre Mateo. Faino nun momento de crise económica e de recortes nas achegas da administración.

23 Maio 2012

29 Abril 2012

  • O audiovisual reivindícase como “estratéxico” e reclama as axudas ao talento nuns Mestre Mateo moi repartidos

    A reivindicación do audiovisual como sector estratéxico, a esixencia de que a Agadic convoque as axudas ao talento e a unidade profesional ante a crise foron os lemas constantes nunha gala dos Mestre Mateo que, na súa décima edición, quedou sen un claro triunfador ao repartir os premios de forma case democrática. Doentes e Engurras, con cinco galardóns; Matalobos, con catro, e Tralas luces e Emilia Pardo Bazán. A Condesa Rebelde, con tres, foron as producións máis galardoadas.

28 Abril 2012

  • “O sector audiovisual está afeito a loitar”

    Dolores Ben recibirá este sábado, na gala dos Mestre Mateo, o Premio de Honra Fernando Rey. Con este galardón, recoñécese a traxectoria profesional de Ben, quen é presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) e da Asociación de Empresas de Dobraxe de Galicia (AITEGA).

27 Abril 2012

25 Abril 2012

20 Abril 2012

  • O PP asegúrase o control de RTVE e abre a porta á fin das autonómicas

    O Consello de Ministros aproba que a maioría absoluta no Congreso sexa dabondo para elixir os dirixentes dos medios públicos do Estado e permite eliminar ou privatizar as canles das autonomías. As que continúen terán que ter equilibrio orzamentario, o que para a CRTVG implica reducir unha débeda de apenas 3 millóns.

19 Abril 2012

  • As axudas ás industrias culturais descenden por segundo ano consecutivo

    As subvencións que concede AGADIC terán un orzamento de 1.290.000 euros en 2012, por 1.370.000 do 2011 e 2.100.000 en 2010. A Axencia tamén convocou este xoves as axudas á produción audiovisual, cunha contía de 2.9 millóns, o mesmo que o ano pasado, pero moi lonxe dos 4.9 millóns de 2010.

18 Abril 2012

  • “O xénero experimental é tan vello coma o cinema. Foron as salas comerciais as que se afastaron del”

    Que Marcos Nine estea a presentar o seu filme La Brecha no Festival Internacional de Cine Independente de Bos Aires (BACIFI) é unha proba máis de que o Novo Cinema Galego non é só unha etiqueta, senón unha realidade que está a dar os seus froitos. E aínda máis. É un síntoma de que o cine experimental atopou o seu espazo no noso país. “O que está a pasar é que, por unha vez na historia, non chegamos con retraso, senón ao mesmo tempo que os demais, con autores de éxito internacional como Óliver Laxe ou Xurxo Chirro”, salienta o crítico Martin Pawley.

14 Marzo 2012