0 Gardados para despois

A semana das Letras

O Día das Letras Galegas son os 365 do ano, pero nesta semana ao redor do 17, concéntranse un bo feixe de actos dedicado ao homenaxeado neste 2012, o xornalista e empresario Valentin Paz-Andrade. E tamén moitas accións e eventos de reivindicación da lingua galega, do seu uso normalizado e do dereito a poder empregalo en todos os ámbitos como lingua propia de Galicia que é, segundo o Estatuto. O máis importante será a manifestación convocada este xoves 17 en Compostela.

19 Maio 2012

17 Maio 2012

  • O Vigo de Paz-Andrade centrou os actos oficiais do 17M

    Concello, RAG e Xunta homenaxearon o empresario, poeta e políticos, nuns actos aos que asistiu numeroso público e nos que interviron Xavier Vence, Manuel Rivas, Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro ou Xesús Alonso Montero, ademais de Méndez Ferrín, Abel Caballero, Alfonso Paz-Andrade ou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo.

  • O día das Letras celébrase nas rúas... e na rede

    A Real Academia Galega, a Coordinadora de Equipos de Normalización, a CRTVG, Cultura Galega, a Fundación Barrié ou dous proxectos en GalegoLab presentan propostas ou contidos especiais ao redor do 17 de maio. Destaca, principalmente, o Caderno realizado pola RAG, en colaboración coa AELG, a AGE e outras entidades e que compila 50 cartaces e 50 textos dedicados ao medio cento de autoras homenaxeadas e realizados por outros tantos deseñadores e escritores de todas as xeracións.

  • 17 Vitaminas para os medios e para a lingua

    Vitaminas para o galego estrea web no día das Letras, con vídeos nos que dende 17 lugares do mundo (de Irlanda a París pasando pola Patagonia ou Granada), 17 centros de ensino e 17 concellos galegos, distintas persoas len o manifesto da plataforma de medios de comunicación en galego.

  • O galego vence os mitos das cidades

    Na Semana das Letras, os expertos advirten do descenso do uso do galego, sobre todo nas cidades, onde resiste máis do que din algúns estereotipos. Segundo os últimos datos, só en Compostela o idioma propio segue a ser o maioritario, mentres que Ferrol e Vigo son as urbes onde menos se emprega a lingua do país. 

16 Maio 2012

15 Maio 2012

  • "A lingua é adictiva"

    A optimista reflexión do escritor Marcelino Fernández Mallo, que di que cando unha persoa decide comezar a usar o galego "despois non pode parar", convídanos a pensar sobre a normalización do idioma e os ataques que vén recibindo nos tres anos de goberno de Alberto Núñez Feijoo nun vídeo elaborado por Xosé Bocixa en conversa con Lois Dieguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Pilar Pallarés ou Ánxeles Penas.

14 Maio 2012

  • O canto épico de Paz-Andrade aos galegos como pobo nómade

    Luís Seoane e Valentín Paz-Andrade compartían unha mesma arela de afrontar o tema da emigración desde unha perspectiva épica. Seoane escolleu cantar á loita dos heroes con nome e apelidos. E Paz-Andrade optou polos seres anónimos esquecidos, por un protagonista colectivo que é un pobo cuxa identidade se forxou, en boa medida, na súa historia nómade.

29 Abril 2012

31 Xaneiro 2012