0 Gardados para despois

Praza aberta ao talento

As páxinas de Praza Pública están abertas a todas as editoriais do país –e de fóra– que desexen divulgar obras en lingua galega mediante a cesión dun capítulo, fragmento ou extracto, de xeito que se amplíe o público que ten coñecemento de tales obras e acceso ao seu contido; mais tamén aos grupos musicais e ás empresas discográficas, ás compañías e asociacións de artes escénicas e ás empresas audiovisuais, aos artistas plásticos e ás galerías de arte, aos grupos de investigación, ás cooperativas, aos colectivos e empresas de desenvolvemento de software, aos emprendedores... A única condición é a da calidade e relevancia dos contidos, ben como a preferencia polas obras en lingua galega, aínda que a depender dos ámbitos ese requisito pode ser flexibilizado ou mesmo non aplicable.

11 Febreiro 2014

  • Pequena escolma de 'Sobre Ruínas'

    Sobre Ruínas, o máis recente poemario de Xesús Rábade Paredes, hai unhas semanas foi elixido o mellor libro de poesía en galego do 2013 polos lectores de Fervenzas Literarias. Ofrecémosvos unha breve escolma da obra.

18 Maio 2013

  • 'Esplendor Arcano', de Ramiro Torres

    Esplendor Arcano, de Ramiro Torres, é o primeiro livro tanto do Grupo Surrealista Galego como do seu autor. Dividido em três partes: Campos de visão, Casa do despertar e Terra da iminência,

11 Marzo 2013

  • Plastic Dolls Show, unha estimulante novidade no teatro galego

    Elsinor Paradise é un cabaret decadente, unha penumbra que a duras penas permite adiviñar o seu pasado esplendor. Por ese territorio, escuro e subterráneo,  desfila unha corte de personaxes cun destino común, feito dun misto de fracaso, lucidez, amargura, saudade e loucura.

1 Decembro 2012

  • 'Banqueiros', teatro contra o saqueo

    Laiovento presenta este domingo no Culturgal o volume Banqueiros, no que dramaturgos galegos retratan a crise a través da súa arte. Praza adianta o prólogo do libro, asinado por Francisco Pillado Maior.

5 Xuño 2012

  • MicroQontos para ler entre tweet e tweet

    Daniel Landesa creou hai un tempo un certame de microrrelatos no seu blogue. A iniciativa tivo éxito e nela participaron moitos internautas, e entre eles algúns escritores e escritoras recoñecidas, coma Mario Regueira, Rubén Ruibal ou Fran Castiñeira. Ofrecémosvos un breve libro que compendia todos aqueles contos, exemplos dunha cultura cativa e orgullosa de selo, porque "como cultura cativa facemos moito e ben".

3 Xuño 2012

  • Lectura para a fin de semana: 'O clan do oso das cavernas'

    O clan do oso das cavernas é a novela que abre a saga das aventuras de Ayla, a muller cromagnon, sendo nena, queda soa no mundo ao perder á súa tribo nun arrepiante terremoto. Por sorte para ela, un grupo de neanderthalenses atópana ás portas da morte e a súa curandeira consigue salvarlle a vida. Así comeza a serie que fixo que millóns de persoas puidesen vivir a Idade de Pedra como nunca antes fora posible. Praza ofrécevos os dous primeiros capítulos.

1 Xuño 2012

  • "Se Gerardo se centra..."

    Conde Roa, caso perdido, do periodista de El País José Precedo, inaugura a colección Xornalistas de 2.0 Editora, na que se irán publicando crónicas e reportaxes de actualidade realizadas por profesionais. O libro esmiuza a carreira política do ex acalde de Compostela, os seus excesos como figura política e a súa incursión marrada nos negocios inmobiliarios. Praza ofrécevos o primeiro capítulo do libro, que se presenta este venres en Santiago.

30 Maio 2012

29 Maio 2012

  • "O pulso das túas rochas quebra ritmos cotiáns"

    Presentámosvos un adianto de Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte, un libro escrito a catro mans, por Rosalía Fernández Rial e Xan Fernández Carrera, que con poemas e roteiros percorre estas comarcas. 

24 Maio 2012

  • Os intereses cruzados do PP e as empresas adxudicatarias do novo hospital de Vigo

    Vén de presentarse A saúde como negocio, un libro colectivo coordinado por Pablo Vaamonde e editado por Laiovento que afonda na defensa dos servizos públicos e nos riscos de privatización da atención sanitaria. Ofrecémosvos un dos capítulos, obra da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, que denuncia os intereses empresariais e políticos ao redor da construción do novo centro hospitalario.

19 Maio 2012

  • Os Balcáns, 20 anos despois: Kosovo

    Vinte anos despois do inicio da guerra dos Balcáns, Kosovo é a rexión onde o conflito continúa máis vivo. A historia de Kosova é tan complexa coma o seu propio presente. Javier López Prol amósanos a ségunda parte da súa reportaxe a vida actual da rexión, que se pode ver online e que terá unha edición física nos vindeiros meses. Galería de imaxes no interior.

29 Abril 2012

  • Os Balcáns, vinte anos despois

    Iniciamos a publicación dunha serie de reportaxes sobre os Balcáns, acompañados dunha mostra fotográfica realizada por Javier López Prol, que percorreu Serbia, Bosnia e Kosovo recollendo, coa palabra e a imaxe, a súa impresión sobre un país roto pero que mira o futuro, vinte anos despois do inicio da guerra civil. López Prol editará no futuro esta obra, xa dispoñíble en formato dixital, nunha versión impresa. Galería fotográfica no interior.