0 Gardados para despois

O futuro de Reganosa

O Tribunal Supremo desestimou a apelación presentada pola empresa e o Concello de Mugardos contra a sentencia do TSXG, que en 2008 xa anulara os cambios no PXOM. O Concello aprobou unha nova modificación do plan o pasado mes de abril para que a planta de gas se adapte á normativa ambiental. Pendente de numerosas alegacións, a aprobación da modificación depende da Xunta. As entidades veciñais, sociais e ecoloxistas que compoñen o Comité Cidadán esixirán a execución da sentenza, e piden a inmediata paralización da actividade da regasificadora e o seu traslado.

2 Outubro 2018

25 Outubro 2017

28 Xullo 2016

  • O Supremo anula o plan de emerxencia de Reganosa aprobado pola Xunta

    O tribunal di que non se podían analizar os riscos da planta sobre a base dunha planificación urbanística tamén nula. Esta é a cuarta sentenza firme do Supremo contraria á planta de regasificación de Mugardos, logo de anular tamén o plan de urbanismo, a autorización da planta e o proxecto de execución que a amparaban.

8 Agosto 2012

19 Xullo 2012

  • "O que non di Reganosa"

    O Comité Cidadán de Emerxencia prepara a sexta marcha a pé contra a regasificadora de Mugardos para volver esixir o cesamento das súas actividades, "ilegais" tras a "sentenza inapelable" do Tribunal Supremo, din

10 Xullo 2012

28 Xuño 2012

15 Xuño 2012

13 Xuño 2012

  • A sentenza contraria á Reganosa abre unha ofensiva legal para trasladar a planta

    A avogada Patricia Gabeiras lémbralles a Alberto Núñez Feijoo e a Xosé Fernández Barcia, alcalde de Mugardos, que se persisten no seu intento de aprobar unha nova modificación do PXOM para legalizar a planta estarían incorrendo nun delicto de prevaricación. O Comité Cidadán afirma que Reganosa está operando sen seguro e esixe a paralización inmediata da súa actividade.

7 Xuño 2012

6 Xuño 2012

5 Xuño 2012

  • O Supremo anula a modificación do PXOM de Mugardos de 2003 que amparou a planta de Reganosa

    O tribunal desestima a apelación presentada pola empresa contra a sentencia do TSXG, que en 2008 xa anulara os cambios no plan. O Concello aprobou unha nova modificación do PXOM o pasado mes de abril para que a planta de gas se adapte á normativa ambiental. A súa aprobación definitiva está pendente da resolución das alegacións presentadas polo Comité Cidadán de Emerxencia, que insiste en que o novo plan "tampouco será legal"