0 Gardados para despois

Pemex

O 19 de setembro de 2012 a Xunta apadriñaba a sinatura dun acordo entre a petroleira mexicana Pemex e os estaleiros galegos Navantia e Barreras para a construción de cadanseu buque hotel. O trato inseríase nun acordo de "alianza estratéxica" que inclúe futuros pedidos da empresa azteca para as empresas galegas. O 27 de setembro, directivos da compañía estatal revelaban en México que "non había contrato ningún" asinado con estaleiros galegos e que o acordo producírase entre a súa filial internacional (PMI) e as firmas navais pero a expensas de que Pemex elixa o proxecto galego nunha futura licitación. O 28 de xaneiro de 2014 chegaba a adxudicación de senllos floteis.

14 Maio 2018

1 Agosto 2017

14 Decembro 2016

24 Novembro 2016

23 Novembro 2016

  • Pemex queda en Barreras pero cancela o segundo flotel prometido

    O director xeral, de visita no estaleiro vigués, di que a petroleira manterá a participación na empresa pero anula a construción do buque hotel logo de suspender outros encargos hai meses. Feijóo chegou a incluír 40 buques nas súas sucesivas promesas tras o acordo coa multinacional.

26 Agosto 2015

4 Marzo 2015

  • A quebra de Pemex afonda na parálise das súas promesas en Galicia

    A petroleira estatal mexicana, dona de Barreras, acumula un patrimonio negativo de 46.000 millóns de euros e despedirá 3.000 traballadores neste mes. A súa mala situación provocou xa o "atraso" dos seus proxectos en Barreras e pon en dúbida outros investimentos previstos no país. 

24 Febreiro 2015

  • Pemex "apraza" os proxectos prometidos en Barreras

    A petroleira recoñece que non construirá polo momento os barcos prometidos no estaleiro vigués á marxe do flotel á espera de que "melloren as condicións económicas" e minimiza aínda máis os resultados do acordo que Feijóo asinou coa empresa pública mexicana. 

9 Febreiro 2015

27 Setembro 2014

26 Setembro 2014

1 Agosto 2014

4 Xuño 2014

22 Maio 2014

13 Maio 2014

17 Febreiro 2014

29 Xaneiro 2014

31 Decembro 2013

30 Decembro 2013

18 Decembro 2013

26 Novembro 2013

22 Novembro 2013

20 Novembro 2013

  • Madrid volve sementar (máis) dúbidas sobre os floteis de Pemex

    O ministro de Industria asegura que o acordo entre a Xunta e a petroleira  mexicana tan só inclúe a construción dun dos dous buques hotel que o Goberno galego prometera para Galicia pero rectifica pouco despois para aclarar que todo foi unha equivocación.

5 Outubro 2013

30 Setembro 2013

23 Setembro 2013

19 Xullo 2013

  • O 'culebrón' de Pemex: dos 3.000 empregos á nada

    A resolución sobre o 'tax lease' ameaza agora os acordos entre Pemex e a Xunta, tal e como recoñece Feijóo, e logo de meses de contradicións e dúbidas. Os estaleiros galegos, que deberían ter comezado a construúir dous floteis a principios de ano, seguen agardando.

18 Xullo 2013

7 Maio 2013

2 Maio 2013

  • Pemex asina a compra do estaleiro Barreras

    A petroleira mexicana firma coa empresa galega a carta de intencións que confirma o acordo. A compañía azteca achegará a maioría dos 10 millóns de euros que se inxectarán no estaleiro e farase co 51% das accións.

1 Maio 2013

  • PSdeG, BNG e EU, divididos ante a venda de Barreras a Pémex

    Pachi Vázquez anunciou o "apoio total" dos socialistas pero dixo que non o crerá "até que o vexa". Pola súa banda, o BNG criticou a "perda de galeguidade" da empresa e Esquerda Unida afirma que pedirá no Congreso a "renacionalización" do estaleiro.

30 Abril 2013

24 Abril 2013

18 Abril 2013

16 Abril 2013

  • Outra viaxe de Feijóo, outra "cortina de fume"?

    A oposición cualifica a estadía do presidente no país azteca de "manobra para desviar a atención" e censura a ausencia, unha vez máis, de acordos concretos para o naval. "Regresará a Galicia sen un só compromiso asinado", denuncia o PSdeG.

11 Abril 2013

24 Febreiro 2013

20 Febreiro 2013

11 Febreiro 2013

30 Xaneiro 2013

22 Xaneiro 2013

14 Xaneiro 2013

10 Xaneiro 2013

9 Xaneiro 2013

4 Xaneiro 2013

  • As verdades sobre os contratos con Pemex

    PMI responde aos requirimentos dun organismo de transparencia de México para que aclare os acordos cos estaleiros galegos nun documento ao que tivo acceso Praza. Os contratos asináronse con Pemex Norteamérica, que acordou mantelos "en estrita confidencialidade" para non prexudicar a súa "estratexia" de cara ao futuro concurso.

13 Novembro 2012

19 Outubro 2012

18 Outubro 2012

16 Outubro 2012

15 Outubro 2012

10 Outubro 2012

9 Outubro 2012

8 Outubro 2012

6 Outubro 2012

  • Outro directivo de Pemex nega que existan contratos definitivos para construír en Galicia

    Pachi Vázquez pídelle por carta a Feijoo que amose os documentos de Pemex e dálle unha última oportunidade para aclarar a situación antes de "denuncialo publicamente". Carlos Morales Gil, director de Pemex Exploración y Producción adianta que o vindeiro luns 8 de outubre se coñecerán todas as ofertas para os buques hotel, entre as que estará a galega. Audios de Morales Gil, no interior.

5 Outubro 2012

  • Pemex tamén nega en México que vaia construír remolcadores en Galicia

    Unha carta dun directivo da petroleira a un armador mexicano, á que tivo acceso Praza, asegura que o convenio entre a Xunta e a empresa azteca é "inexistente". Estaleiros e grandes firmas de México presionan para que Pemex cancele os acordos co Goberno galego e medios acúsanos de intentar "un boicot".

3 Outubro 2012

2 Outubro 2012

1 Outubro 2012

30 Setembro 2012

  • "Pemex non está amarrado a ningún contrato cos estaleiros galegos"

    Fluvio Ruiz Alarcón, conselleiro profesional da petroleira mexicana, dá a cara e explica a Praza todos os detalles da polémica xurdida arredor dos buques hoteis aos que aspira o naval galego. Aclara que os floteis poden ser construídos en Galicia, pero confirma tamén que o difundido pola Xunta non se corresponde coa realidade. "Deuse por feito o que aínda debe pasar por varios comités e consellos", explica.

29 Setembro 2012

  • Pemex decidirá en dous meses se contrata os floteis aos estaleiros galegos

    A filial PMI podería encargar os buques, aínda que a petroleira non optase pola oferta galega, pero tería que buscar outros clientes para arrendarllos. Praza accede aos audios nos que o máximo responsable de Pemex confirma que o contrato non é coa súa empresa e que Galicia "non é o único oferente".

28 Setembro 2012

  • Feijóo aférrase aos contratos de Pemex malia que a empresa di que non son definitivos

    O presidente da Xunta remítese ao último comunicado da petroleira, que asegura que os contratos son "plenamente válidos", aínda que aclara que hai "cláusulas suspensivas". Desde México, insisten en que a decisión de construír os floteis en Galicia non é firme. Un conselleiro da firma azteca fala incluso dun "uso electoral" do trato para "impulsar o PP". Audios no interior.

27 Setembro 2012

25 Setembro 2012

  • A Xunta acumula catro infraccións electorais en menos dun mes

    A Xunta Electoral ordena, tras unha denuncia do PSdeG, retirar da web do Goberno galego os vídeos e novas do acto de sinatura dos contratos de Pemex. O Goberno galego debe tamén deixar de difundir unha campaña publicitaria de Benestar, denunciada polo BNG.

24 Setembro 2012

  • Conselleiros de Pemex censuran en México o contrato asinado cos estaleiros galegos

    A prensa azteca destaca as duras críticas xurdidas polo contrato entre a Xunta e a petroleira, á que acusan de "ocultar o contrato" ao consello de administración, de non facer licitación pública e de asumir un investimento "nin estratéxico nin substantivo". "É o negocio turbio máis grande dos negocios turbios de México", di un diario.

22 Setembro 2012

  • En campaña, prohibido inaugurar... pero non "achegarse"

    Altos cargos da Xunta protagonizan numerosas visitas a espazos públicos dende a convocatoria electoral, evitando convocalas como inauguracións ou mostras de logros. Hernández reúnese en 20 días con 17 alcaldes, dos que só dous non son do PP.

20 Setembro 2012

  • A guerra de cifras polos empregos de Pemex no naval galego

    Feijóo saca peito polos acordos coa petroleira mexicana que suporían, segundo di, 1.500 empregos para Navantia e outros tantos para Barreras. Os sindicatos rebaixan as cifras a un máximo de 353 postos de traballo na ría de Ferrol e de 450 en Vigo. O presidente da Xunta aproveita para cargar contra o "nivelazo" da oposición. Audio no interior.

19 Setembro 2012

  • Feijóo bordea a lei electoral para solemnizar dous encargos de Pemex

    O presidente e candidato á reelección gábase da "eficiencia" do seu Goberno no acto organizado pola Xunta para que a petroleira mexicana asinase dous contratos por outros tantos barcos, un para Navantia e outro para Barreras. Os sindicatos cren "unha boa noticia" calquera carga de traballo, pero advirten de "datos inflados" e acusan os políticos "de usar o naval como baza electoral".

18 Setembro 2012

11 Setembro 2012

9 Setembro 2012

  • "A Xunta sabe que os quimiqueiros de Pemex nunca foron para Navantia"

    "É imposible competir con Corea", asegura Ignacio Naveiras, presidente do comité de empresa do estaleiro estatal, que aclara que Navantia nunca poderá a optar a contratos civís "sen apoio e contrapartidas políticas". "Non dicimos que non haxa acordos con Pemex, pero o dos quimiqueiros é un bluf de Feijóo", aclara.

6 Setembro 2012

5 Setembro 2012

4 Setembro 2012

23 Agosto 2012

  • Os tribunais amárganlle a Feijoo o final de agosto

    PSdeG-PSOE, BNG, Anova e Compromiso solicitan a súa comparecencia para que dea explicacións públicas sobre a revogación da anulación do concurso eólico e sobre os concertos educativos con centros que segregan os alumnos por xénero. A convocatoria electoral en Euskadi ou as preferentes tamén afectan aos plans do Presidente da Xunta.

10 Agosto 2012

8 Agosto 2012

29 Xuño 2012

24 Xuño 2012

  • Feijoo adía a xullo a confirmación dos contratos de Pémex

    Nunha entrevista na Radio Galega, o presidente da Xunta afirmou que na primeira semana do mes que vén se celebrarán varias xuntanzas para definir os prezos e os contratos para a construción de remolcadores e barcos químicos. Promete, ademais, que antes de setembro se abrirá unha comisión de investigación no Parlamento.

19 Xuño 2012

  • Feijóo di que Pemex encargará buques en Navantia pero os sindicatos non se fían

    O presidente da Xunta anuncia a "ampliación" do acordo coa empresa mexicana, que solicitaría a finais de mes ofertas de orzamento ao estaleiro público e a outros galegos para construír dous quimiqueiros. Os sindicatos piden concreción e a CIG pregúntase como vai enganar o Goberno á UE tendo en conta o veto á construción civil na ría ferrolá.

28 Maio 2012

25 Maio 2012

24 Maio 2012

23 Maio 2012

  • Feijóo di que España xa enviou á UE unha alternativa para o naval

    O presidente da Xunta aclara no Parlamento que o Estado vén de enviar un plan alternativo ao 'tax-lease', logo de que Almunia o acusase de non presentalo aínda. O xefe do Executivo galego reúnese hoxe con Pemex tras unha xuntanza coa SEPI, mentres Marrocos advirte que os estaleiros galegos poderían participar na renovación da frota pesqueira do país africano

22 Maio 2012

8 Maio 2012

  • "A Xunta non ten plan para a industria, e a súa capacidade para reactivala é escasa"

    Os últimos datos do Índice de Produción Industrial (IPI) en Galicia volven ser devastadores. Cae un 11,7% en termos interanuais, dous puntos máis que a media estatal, e acumula xa unha taxa negativa de 9,9 puntos no que vai de ano. Xan López Facal, enxeñeiro industrial e prestixioso economista, analiza a complicada situación da industria, tal e como fai máis exhaustivamente para diversos organismos.

20 Abril 2012

  • A Xunta procura que o naval e NGB 'fagan as Américas'

    Feijóo asegura que "en oito ou dez semanas" se coñecerá se a petroleira Pemex lle fará encargos a estaleiros galegos e admite que se reuniu cos financeiros Carlos Slim e Olegario Vázquez Raña para "falar da situación económica de Galicia e "atraer investimentos".