0 Gardados para despois

O futuro de BNG e PSOE

Tras os seus respectivos congreso e asemblea, as novas direccións de PSOE e BNG botan a andar. Ambas márcanse o reto de suturar as feridas que puidesen deixar os procesos congresuais e de seren "alternativa" aos gobernos do PP en Galicia e no Estado. Terán como primeira proba electoral os comicios galegos que, previsiblemente, se celebrarán antes de que remate 2012 e para os que o PSdeG decidirá candidato no seu propio cónclave, entre o 9 e o 11 de marzo.

17 Marzo 2012

15 Marzo 2012

13 Marzo 2012

11 Marzo 2012

10 Marzo 2012

9 Marzo 2012

7 Marzo 2012

5 Marzo 2012

4 Marzo 2012

  • Un grupo de militantes aviva a dicotomía de Máis Galiza ao apostar pola permanencia no BNG

    Son uns vinte militantes que veñen de formular unha proposta de resolución urxente para o Congreso que Máis Galiza celebra o próximo domingo. Apostan pola continuidade dentro do BNG mais, iso si, reclaman que a formación nacionalista recoñeza a todos os niveis que existen "dous grandes proxectos" no seo da mesma. Esta proposta súmase ás xa formuladas no manifesto "Tamén connosco", que tamén aposta pola permanencia no Bloque, e a do "Proxecto Político Propio", que opta pola escisión

2 Marzo 2012

1 Marzo 2012

28 Febreiro 2012

  • Horas do ser ou non ser para a alternativa no PSdeG

    Os críticos coa actual dirección socialista apuran o tempo para medir forzas e decidir se dar o paso para desputarlle o liderado a Pachi Vázquez no congreso de marzo. Mentres, José Blanco reaparece para virar a súa posición tradicional e considerar "posible" unha alternativa.

23 Febreiro 2012

22 Febreiro 2012

21 Febreiro 2012

20 Febreiro 2012

17 Febreiro 2012

16 Febreiro 2012

15 Febreiro 2012

  • Quen fala cos irmandiños?

    Pequenas formacións de nova creación e plataformas xa existentes, abertas aos "contactos para a converxencia" que a formación de Beiras quere establecer "coas persoas e grupos que estean por un novo referente político do nacionalismo"

14 Febreiro 2012

13 Febreiro 2012

12 Febreiro 2012

11 Febreiro 2012

10 Febreiro 2012

  • Pérez Bouza confirma a súa marcha do BNG

    O ex senador remítelle unha carta á secretaria de organización do Bloque, Montse Prado, na que expresa a súa discrepancia coa "confrontación" que na súa opinión caracterizou a pasada Asemblea Nacional e sinala que abandona a organización por "coherencia política"

8 Febreiro 2012

7 Febreiro 2012

6 Febreiro 2012

5 Febreiro 2012

4 Febreiro 2012

  • Pachi Vázquez: "Temos moi próximas as eleccións galegas"

    O secretario xeral do PSdeG-PSOE, que apoiou a Rubalcaba, repite o compromiso de incorporar os militantes que votaron a Chacón e di sentirse "orgulloso" de Francisco Caamaño. Afirma que “todas as mañás que o goberno galego ve que cae o sistema financeiro, que cae o plan eólico, que cae o plan de acuicultura, temos moi próximas unhas eleccións galegas”.

  • Gaña Rubalcaba por 22 votos

    O resultado (487 a 465), que se fixo agardar durante máis de dúas horas, indica o axustado da elección. Nos seus discursos os dous candidatos apostaron por unha renovación do partido, aínda que semella que os delegados primaron a 'experiencia' de Rubalcaba, nunha decisión que implica unha boa dose de continuismo. O reto do PSOE nos vindeiros meses, comezando polas eleccións en Andalucía e Asturias do 25 de marzo, é convencer a cidadanía destes bos propósitos, que en moitos casos se contradín coa xestión realizada na última lexislatura.

3 Febreiro 2012

1 Febreiro 2012

  • O BNG sae de Amio con candidato, portavoz e interrogantes

    A distribución de responsabilidades na Executiva Nacional, o vindeiro luns, e as primeiras reunións internas de Máis Galiza e o Encontro Irmandiño servirán para desbotar ou acrecentar o risco de escisión na fronte que Jorquera se propón unir de cara á cita coas urnas

  • Jorquera: "O risco de fractura no BNG está neutralizado"

    O candidato do BNG á presidencia da Xunta confía en que todas as correntes se fagan "corresponsables" do futuro da formación frontista para "encabezar a alternativa" a un Feijóo ao que ve como un "comentarista dunha tertulia" que converte a Xunta "nunha delegación do Goberno central".