0 Gardados para despois

Pokémon

A finais de setembro de 2012 un novo caso de presunta corrupción irrompía na precampaña das eleccións autonómicas. A trama Pokémon, a través da cal supostamente empresas como Vendex e Aquagest se facían con concesións municipais 'a dedo', supuxo un verdadeiro terremoto en múltiples concellos do país. O levantamento de parte do segredo de sumario a finais de xaneiro de 2014 devólveo á primeira liña da actualidade.

17 Febreiro 2017

2 Novembro 2016

4 Xullo 2016

23 Xuño 2016

17 Xuño 2016

19 Maio 2016

16 Outubro 2015

30 Xuño 2015

18 Maio 2015

5 Maio 2015

26 Abril 2015

24 Abril 2015

23 Abril 2015

13 Abril 2015

31 Marzo 2015

27 Marzo 2015

26 Marzo 2015

25 Marzo 2015

19 Marzo 2015

18 Marzo 2015

17 Marzo 2015

11 Febreiro 2015

  • A xuíza ve "referendada" facturación irregular no PP de Ourense

    A investigación do caso Pokémon ve confirmadas acusacións do ex xerente dos populares ourensáns e a maxistrada atopa facturas que, cre, sustenta o "sistema" artellado para ocultar gastos electorais por riba do "límite legal". De Lara emite un auto no que reclama novos datos de facturación a nome de dirixentes populares.

14 Xaneiro 2015

5 Xaneiro 2015

  • A cruzada da Pokémon para que o PP non tocase a ORA

    Baltar negou ante a xuíza De Lara que, como reflicten as intervencións telefónicas, se reunise cos presuntos líderes da trama corrupta na campaña das municipais de 2011 despois de que o seu candidato ourensán propuxese suprimir o pagamento por aparcar na cidade. 

15 Decembro 2014

21 Novembro 2014

  • A Pokémon apunta agora a Baltar e ao financiamento ilegal do PP ourensán

    O ex xerente da formación provincial acusa o ex presidente da Deputación de gardar diñeiro negro na caixa forte do partido e reclama facturas emitidas ao seu fillo e a Santalices por unha empresa de publicidade e unha televisión local ourensá que estivo presidida polo actual director xeral da CRTVG.

14 Novembro 2014

  • Denuncian "acoso" policial e político a unha testemuña clave na rama coruñesa da Pokémon

    Un traballador do Concello da Coruña, de baixa por acoso laboral, foi retido en Ferrol por portar armas de pesca deportiva e a Policía Local difundiu imaxes dos seus obxectos persoais a través de Twitter. Os seus representantes laborais, que apelan á lei de protección de testemuñas, ven no sucedido un intento de "danar a súa credibilidade" por denunciar presuntos amaños de contratos públicos para empresas da trama. 

27 Setembro 2014

24 Setembro 2014

  • O TSXG investiga a Paula Prado por fraude e tráfico de influencias

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ve "indicios" de que a deputada e ex voceira do PPdeG puido incorrer en condutas delitivas durante a súa etapa como concelleira en Santiago. Os investigadores atribúenlle unha factura "inchada" e diversos enchufes en concesionarias do consistorio da capital.

2 Setembro 2014

8 Xullo 2014

  • O PP é quen máis ordena en Santiago

    Agustín Hernández toma posesión como terceiro alcalde de Compostela no que vai de mandato entre promesas de normalidade e coa Casa do Concello blindada pola Policía. A oposición négalle lexitimidade democrática ao novo goberno, no que son maioría os edís non electos.

3 Xullo 2014

1 Xullo 2014

  • A ruta dos cartos da Pokémon polas cidades galegas

    O informe de Vixilancia Aduaneira que este luns provocou un desfile de políticos polos xulgados de Lugo describe como o delegado de Véndex en Galicia entregou, presuntamente, case 50.000 euros a diversos dirixentes políticos locais a tres días das eleccións de 2011.

30 Xuño 2014

24 Xuño 2014

  • A xuíza atráncalle a Feijóo o ventilador da Pokémon

    A imputación do alcalde de Ferrol frea de vez as esixencias do líder conservador para que os rexedores de Lugo e Ourense deixen os seus cargos. Aduanas sospeita que Rey Varela recibiu cartos de Véndex na súa etapa como concelleiro e el négao.

23 Xuño 2014

  • A xuíza da Pokémon imputa o alcalde de Ferrol ao sospeitar que Véndex lle pagou viaxes

    Pilar de Lara imputa por suborno o alcalde de Ferrol e presidente da Fegamp, José Manuel Rey, cunha providencia na que cita nas mesmas condicións a José Luis Baltar, a ex cargos locais do PSdeG e a un ex edil do BNG na Coruña. Vixilancia Aduaneira vixilou en 2011 contactos entre a empresa e o rexedor ferrolán, que nega calquera irregularidade e asegura coñecer só "de vista" a un dos presuntos líderes da trama.

22 Xuño 2014

  • Quen "dana" o Concello de Compostela?

    O próximo alcalde da capital carga contra PSdeG e BNG por prever levar á Xustiza a composición do goberno municipal, que estará formado maioritariamente por persoas non electas.

21 Xuño 2014

18 Xuño 2014

14 Xuño 2014

  • Máis da metade do Goberno compostelán serán edís non electos

    Agustín Hernández anunciou a composición definitiva da coporación, na que hai sete concelleiros e concelleiras non elixidos pola cidadanía, entre eles a senadora María Jesús Sainz ou a actual directora do IGVS, Teresa Gutiérrez. Ángel Currás tamén se mantén no grupo.

11 Xuño 2014

  • Feijóo, exasperado, dispara contra todos tras o colapso de Santiago

    O presidente da Xunta esixe as dimisións dos alcaldes de Lugo e Ourense mentres asegura non "escudarse en miserias" alleas. O xefe do Executivo equipara casuísticas de Ames, Vilalba ou Andalucía co acontecido en Compostela tras a chegada ao poder de Conde Roa, da que o responsabiliza a oposición.

10 Xuño 2014

  • Os 'Feijóos' de Compostela fallan dúas veces

    O PP presentou os seus candidatos en 2011 como "315 Feijóos". A arriscada candidatura de Compostela, encabezada por Gerardo Conde Roa, vén de provocarlle ao presidente da Xunta a súa peor crise política dende a publicación das fotos con Marcial Dorado. Vídeos no interior.

9 Xuño 2014

  • "A situación en Santiago é de desgoberno total"

    Antón Barba, presidente da Xunta de Persoal do Concello de Santiago, asegura que os traballadores e traballadoras da institución levan tres anos sentíndose "perseguidos e con medo" a represalias do goberno local do PP, que lle causou un "dano terrible á institución" co seu xeito de actuar e cos seus problemas coa xustiza. O persoal cre que "o mellor sería unha intervención" do consistorio ata as vindeiras eleccións.

7 Xuño 2014

  • Gobernar Santiago sen que se note

    Feijóo tenta desligarse o máis posible do goberno do seu partido na capital de Galicia, cuxo alcalde reitera que non dimitirá e prevé presentar o luns un gabinete inzado de persoas que non se presentaron ás eleccións. "Pregúntenlle ao alcalde", di o presidente.

5 Xuño 2014

4 Xuño 2014

3 Xuño 2014

2 Xuño 2014

  • O goberno de Santiago, inhabilitado

    O xuíz condena a nove anos de inhabilitación os sete edís xulgados por prevaricar coa decisión de pagarlle o avogado a un concelleiro imputado na Pokémon sen atender aos requisitos legais.

27 Maio 2014

23 Maio 2014

  • Feijóo 'reparte' a Pokémon para despedir a campaña

    O presidente da Xunta equipara a situación de Paula Prado con Besteiro e co BNG, que vén de acreditar que o ingreso de 6.000 euros atribuído a Véndex por Vixilancia Aduaneira foi realizado realmente pola propia organización política.

22 Maio 2014

19 Maio 2014

  • O goberno de Santiago retrátase no xulgado

    Visto para sentenza o xuízo contra os sete edís de Compostela que decidiron pagar con fondos públicos o avogado dun imputado na Pokémon sen as garantías legais suficientes, segundo a Fiscalía. O Ministerio público mantén a petición de nove anos de inhabilitación e o alcalde ve "demostrada" a "inocencia" dos seus.

7 Maio 2014

  • Medio goberno de Santiago será xulgado a seis días das eleccións

    A Audiencia desestima o recurso co que os edís composteláns tentaron evitar o banco dos acusados por un presunto delito de prevaricación. Sete dos trece concelleiros acordaron pagar con fondos públicos o avogado do edil de Deportes, imputado na Pokémon, e segundo os maxistrados fixérono de xeito "incondicional".

2 Maio 2014

25 Abril 2014

27 Marzo 2014

18 Marzo 2014

13 Marzo 2014

12 Marzo 2014

  • Feijóo atrinchéirase para soster o goberno de Santiago

    O presidente da Xunta cuestiona os argumentos da xuíza e da Fiscalía para imputar sete edís composteláns por presunta prevaricación e vólvelle pedir explicacións á oposición. Ao tempo, teima en que PSdeG e BNG aprobaron pagarlle o avogado a un edil socialista imputado, aínda que no documento non figura pagamento ningún.

6 Marzo 2014

4 Marzo 2014

3 Marzo 2014

2 Marzo 2014

  • O Concello de Santiago perde os nervios

    O alcalde de Santiago rematou a semana intercambiando acusacións de corrupción cun edil socialista nos corredores da casa consistorial mentres a Fiscalía pedía nove anos de inhabilitación para a metade máis un dos seus edís

26 Febreiro 2014

25 Febreiro 2014

24 Febreiro 2014

  • Os tratos de 'El Pulpo' do Carballiño coa trama Pokémon

    Véndex traballou de balde no xardín do alcalde carballiñés, Argimiro Marnotes, para "gañar a súa vontade e optar con maiores garantías" a un concurso para o mantemento do parque municipal, segundo a investigación que dirixe Pilar de Lara

21 Febreiro 2014

20 Febreiro 2014

  • A Pokémon teimou en encarecer o recibo da auga en Santiago

    A investigación da presunta trama corrupta constata as presións dos dirixentes de Aquagest para incrementar a factura en Compostela e o "desvío evidente de fondos" da empresa para financiar equipos deportivos e festas da cidade. Os investigadores sospeitan do uso de "facturas falsas" nunha sociedade na que participa o Concello.

19 Febreiro 2014

18 Febreiro 2014

17 Febreiro 2014

  • Pokémon: perdón por ser corrupto en plena crise

    O ex presidente da Confederación Hidrográfica do Miño e antigo edil en Lugo, Francisco Fernández Liñares, admitiu ante a xuíza os pagamentos que as empresas da suposta trama lle facían como "agradecemento" e que sumarían uns 300.000 euros. Audio da declaración no interior.

12 Febreiro 2014

  • Feijóo activa o ventilador na Pokémon

    O presidente da Xunta responde ás peticións de responsabilidades repasando as contratacións de Administracións de PSdeG e BNG con empresas da presunta trama e, na mesma sesión, defende a conselleira de Sanidade ante as acusacións de "nepotismo" polo enchufe do seu marido.

10 Febreiro 2014

9 Febreiro 2014

  • A Pokémon non regalaba nada

    Os investigadores da presunta trama corrupta describen achegas de cartos para proxectos do Concello de Santiago que achegarían como contraprestación á concesión de servizos públicos.

7 Febreiro 2014

  • A gardaría dos "enchufes"

    Os investigadores da Pokémon interviñeron conversas telefónicas nas que, ao seu xuízo, fica claro que a trama se fixo, mediante un concurso amañado, coa xestión dunha escola infantil de Santiago na que o persoal foi recomendado por cargos do Concello con coñecemento do alcalde, Ángel Currás.

6 Febreiro 2014

5 Febreiro 2014

4 Febreiro 2014

3 Febreiro 2014

2 Febreiro 2014

1 Febreiro 2014

11 Setembro 2013

13 Abril 2013

11 Marzo 2013

28 Febreiro 2013

27 Febreiro 2013

21 Febreiro 2013

19 Febreiro 2013

18 Febreiro 2013

16 Febreiro 2013

  • Dimite Albino Vázquez, edil compostelán imputado na 'Pokemon'

    O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, deixa de militar no PP e abandonará tamén o seu escano na Deputación da Coruña. Son tres xa os membros do goberno local de Santiago os que están imputados, ao tempo que o ex concelleiro Espadas ingresa na cadea.

14 Febreiro 2013

  • A xuíza da 'Pokémon' detén un edil de Santiago e rexistra a casa de Conde Roa

    A maxistrada Pilar de Lara inicia unha nova fase da operación por supostas adxudicacións irregulares que xa lle custou o cargo aos alcaldes de Ourense e Boqueixón. O novo operativo, denominado 'Manga', sáldase co prendemento do titular de Seguridade de Santiago, de Ángel Espadas, ex asesor do anterior rexedor compostelán, e de sete persoas máis en Galicia, Catalunya e Asturias.

24 Xaneiro 2013

20 Xaneiro 2013

18 Xaneiro 2013

17 Xaneiro 2013

4 Xaneiro 2013

3 Xaneiro 2013

22 Decembro 2012

21 Novembro 2012

  • O BNG abandona o Goberno municipal de Lugo

    A Asemblea Local da fronte tomou a decisión por 38 votos contra 12 ante a negativa de Orozco a dimitir despois de ser imputado no caso Pokemon. Non facilitará o acceso do PP á Alcaldía. Audio no interior.

16 Novembro 2012

12 Novembro 2012

25 Outubro 2012

4 Outubro 2012

27 Setembro 2012

26 Setembro 2012

25 Setembro 2012

23 Setembro 2012

22 Setembro 2012

21 Setembro 2012

20 Setembro 2012