0 Gardados para despois

europeas2014

16 Xullo 2014

  • Que fixeron os eurodeputados galegos ao chegar?

    O popular Millán Mon estrea a lexislatura comunitaria cunha iniciativa sobre Rusia e Ucrania e Senra, de AGEe, faino reclamando unha renda básica universal europea. BNG e CxG tramitan tamén as súas primeiras achegas a través dos representantes de Bildu e do PNV.

8 Xullo 2014

  • O Parlamento Europeo máis político

    A cidadanía europea escolleu entre o 22 e o 25 de Maio un Parlamento con maiores capacidades que as de anteriores convocatorias. A nova Eurocámara será un espello das negociacións e os balances de forzas entre os diferentes partidos políticos europeos, as tensións entre os países do centro e os países da periferia e os proxectos enfrontados dunha Europa federal ou unha Europa dos estados.   

     

11 Xuño 2014

8 Xuño 2014

7 Xuño 2014

5 Xuño 2014

3 Xuño 2014

1 Xuño 2014

31 Maio 2014

30 Maio 2014

  • Así escoitamos as eleccións europeas

    Palabra, música, análise e uns resultados electorais sorprendentes. Foron os principais ingredientes que o pasado 25 de maio configuraron a estrea de Radio Praza, a emisión radiofónica lanzada dende Praza Pública para seguir os comicios ao Parlamento Europeo que agora está dispoñible para a súa escoita en rede. Audio íntegro no interior.

29 Maio 2014

28 Maio 2014

27 Maio 2014

  • A Galicia urbana xira á esquerda e castiga os dous grandes partidos

    A esquerda parlamentaria batiu o PP nas eleccións europeas, que deixan no agregado das sete urbes un panorama no que a suma de AGE, Podemos e BNG aglutina máis apoios cidadáns que os conservadores ou os socialistas. Só en Lugo e Ourense os populares tiveron máis sufraxios que as forzas de esquerda rupturista e todos os electorados urbanos apoiaron máis ás opcións progresistas que á dereita.

  • PP e PSOE resístense a asumir a súa caída en Galicia

    Populares e socialistas céntranse no mal resultado do seu rival para sacarlle consecuencias positivas aos seus malos datos nas europeas, malia que din "tomar nota", e coinciden co BNG nas dúbidas sobre o futuro de Podemos, no que AGE ve unha oportunidade para unir forzas.

26 Maio 2014

25 Maio 2014

  • Feijóo perdería a maioría absoluta mesmo recortando o Parlamento

    Unha extrapolación dos resultados dos comicios deste domingo deixaría os populares sen maioría absoluta, con 35 deputados co actual sistema electoral e con 29 (de 61) na reforma proposta polo partido de goberno. A suma de PSdeG-PSOE, AGE, PODEMOS e BNG superaría en escanos o PP.

  • A irrupción de Podemos move os marcos nas sete cidades

    O PP gaña nas sete cidades, pero con perdas moi importantes con respecto a 2009, que tamén sofre o PSdeG-PSOE. Podemos rolda o dez por cento dos apoios nas urbes e supera o BNG en todas agás Pontevedra. AGE perde apoios con respecto ás autonómicas de 2012. En conxunto, as tres forzas roldan o trinta por cento.

  • O PP perde máis de 200.000 votos e a esquerda é maioritaria en Galicia

    PP e PSdeG caen en máis de 400.000 votos nunhas eleccións europeas nas que irrompe con forza Podemos, que se sitúa como cuarta forza política no país. A suma da esquerda supera con clara vantaxe a dereita tras un duro golpe ao bipartidismo, tanto a nivel galego coma no conxunto do Estado, onde perde cinco millóns de votos.  

  • A participación en Galicia baixa punto e medio ás seis da tarde

    • Ás 18 horas votara no país un 33,79% do censo, dato inferior ao 35,31% de hai cinco anos. A participación sobe lixeiramente no conxunto do Estado grazas á masiva mobilización en Cataluña.
    • Uns 2,7 millóns de persoas están chamadas en Galicia a participar nas eleccións sobre as que paira a sombra dunha elevada abstención.
    • Os comicios do 25-M non só configurarán a vindeira Eurocámara, senón que tamén condicionarán a Presidencia da Comisión.
    • Contra as 23:00 da noite coñeceranse os resultados dos comicios, que hoxe se celebran en 21 estados da Unión.
    • Os comicios son o primeiro test dun longo ciclo electoral que continuará nas municipais de 2015.

23 Maio 2014

  • Reflexión contra a abstención

    As principais candidaturas pechan na Coruña, Santiago, Ourense e Vigo a fría campaña das europeas, salferida de polémicas, con chamadas ao voto e un ollo posto na augurada baixa participación.

22 Maio 2014

21 Maio 2014

20 Maio 2014

19 Maio 2014

18 Maio 2014

  • Ana Miranda carga contra o "bipartidismo harmónico" de PP e PSOE

    "Á hora de defender os intereses galegos, tanto monta, monta tanto, Arias Cañete como José Blanco", asegura a candidata do BNG, que cargou contra o ex ministro de Fomento e a súa sucesora, Ana Pastor, por "deixar fóra Lugo e Monforte" do tren de alta velocidade.

  • Feijóo tira de Bildu e Resistencia Galega para atacar a BNG e AGE

    O presidente da Xunta pide que en Europa non representen a Galicia "nin os amigos" da esquerda abertzale nin os de Resistencia Galega, reivindica a unidade de España e acusa o resto de candidatos de presentarse "para rescatar a súa carreira ou facer proclamas de secesión".

17 Maio 2014

16 Maio 2014

  • O machismo de Cañete sacode a campaña electoral

    PSdeG, BNG e AGE cargan contra o candidato do PP ás europeas, que xustificou a súa suposta derrota no debate electoral ante Elena Valenciano no seu intento de non "facer un abuso de superioridade intelectual" para non "parecer un machista que acurrala unha muller".

15 Maio 2014

14 Maio 2014

  • "Que o BNG continúe no Parlamento Europeo é bo para o país"

    A candidata do Bloque ás eleccións europeas asegura que non cómpre "inventar" unha "alianza de esquerdas na Eurocámara" e aposta pola "confluencia do nacionalismo galego". Ana Miranda aspira a trocar en votos o seu traballo de "lealdade co país" e chama á participación fronte a quen dá "a batalla pola abstención" nunha actitude que ve "infantil".

  • O PP enche de obras e promesas a campaña electoral

    Fomento e a ministra Ana Pastor aseguran a licitación inmediata da ampliación da AP-9, anuncian avances no Porto Exterior, confirman a data de finalización da Terceira Ronda da Coruña que leva dez anos de atraso e presumen do ritmo das obras do AVE na mesma semana.

13 Maio 2014

12 Maio 2014

11 Maio 2014

10 Maio 2014

9 Maio 2014

8 Maio 2014

  • En campaña ata 2016

    A pegada de carteis para as eleccións europeas do 25 de maio inicia un longo ciclo electoral no que a cidadanía galega estará chamada ás urnas catro veces en tres anos. Os partidos inician quince días de carreira electoral entre chamadas á participación nuns comicios que son pórtico da renovación dos parlamentos europeo, español e galego e mais dos concellos.

7 Maio 2014

6 Maio 2014

5 Maio 2014

  • A abstención galega xa non é o que era

    A sombra da baixa participación paira no inicio do ciclo electoral que, en apenas dous anos, levará o electorado galego a renovar os parlamentos europeo, español e galego e mais os concellos. Dende a pasada década e ata o inicio da crise os niveis de abstención do país non destacan no Estado.

  • O PP, á baixa pero próximo á vitoria nun mar de abstención europea

    Ás portas da campaña a maioría das enquisas prognostican un triunfo dos conservadores no medio dun descenso dos seus votos e escanos e tamén dos do PSOE a respecto de 2009. O único inquérito difundido a nivel galego outórgalles aos de Cañete máis do 40% dos votos e achega a abstención ao 60%.

4 Maio 2014

  • O test para saber a quen votar nas europeas

    O proxecto EUvox, elaborado por expertos de todo o continente e impulsado pola propia Eurocámara, vén de lanzar unha ferramenta para amosarlle á cidadanía que formacións políticas están máis próximas ás súas preferencias políticas e elaborar unha base de datos sobre o comportamento electoral na UE.

3 Maio 2014

1 Maio 2014

29 Abril 2014

  • O veto ao voto dos mariñeiros embarcados: cando a lei ignora a realidade

    O Goberno galego limita a expresar a súa "preocupación" pola imposibilidade de que o persoal da flota de altura e gran altura poida exercer o seu dereito ao sufraxio. As Cortes e o Goberno de España vetan o voto electrónico alegando problemas de "seguridade" mentres impulsan a contrarreforma do sufraxio dos residentes ausentes.

27 Abril 2014

  • O vento de Syriza sopra en Galicia

    Alexis Tsipras, líder da coalición grega e candidato da esquerda europea a presidir a Comisión, protagoniza con Lidia Senra o acto político celebrado por AGE este domingo en Compostela, e no que tamén participaron Willy Meyer, José Soeiro (Bloco), Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz.

22 Abril 2014

  • A Primavera Europea e verde "insubmisa" ás políticas da troika

    López de Uralde presenta en Galicia a coalición que busca ser a voz "da ecoloxía política" estatal na vindeira Eurocámara. O líder de Equo aclara que a elección que o seu partido fixo por unha lista diferente á de EU e Anova para as europeas "non afectará" ao acordo que mantén dentro de AGE.

16 Abril 2014

15 Abril 2014

11 Abril 2014

  • 25-M: Cinco vías de Galicia a Europa

    O electorado galego xa ten diante de si as cinco principais opcións que, dende outras tantas organizacións, aseguran que serán a voz do país na Eurocámara. Repasamos as credenciais que presentan para tentar recabar a confianza da cidadanía galega.

10 Abril 2014

9 Abril 2014

3 Abril 2014

30 Marzo 2014

22 Marzo 2014

  • Galicia en precampaña: con quen ir a Europa?

    O BNG presenta a súa candidatura como a da "cidadanía que se rebela" e Paulo Carlos López imponse nas primarias de Compromiso. Mentres, Feijóo carga contra todas as demais forzas políticas e sentencia que os seus programas carecen de "importancia".

17 Marzo 2014

14 Marzo 2014