0 Gardados para despois

Tres anos de lexislatura

Unha vez cumpridos tres anos tras o retorno do PPdeG á Xunta a crise económica continúa a marcar a xestión dun Goberno cuxo presidente sitúa o control do déficit e a reestruturación da Administración como "prioridades" dun mandato que comezou coa revisión de decisións do Executivo anterior e reformulacións controvertidas, como no caso da política lingüística.

Feijóo dialoga con deputados do PP durante un pleno

Feijóo aproba por trámite de urxencia as súas leis máis polémicas

O Goberno bota man da vía de lectura única, que apenas permite participar á oposición, para sacar adiante no Parlamento os seus proxectos máis controvertidos, o que para PSdeG e BNG converte a Cámara nun mero trámite "burocrático". O plan de recortes aos empregados públicos vén de iniciar este procedemento.