0 Gardados para despois

Letras 2016

Cartaz do acto institucional que a Academia celebrará este martes

Axenda do 17 de maio: A festa das letras

Ademais do acto institucional que a RAG celebrará en Outeiro de Rei en homenaxe a Manuel María e da manifestación convocada por Queremos Galego en Compostela, levaranse a cabo ducias de actos culturais por todo o país.

  • E no 2017 a quen escollemos?

    Este é o ano de Manuel María (e das Irmandades da Fala), pero en menos de dous meses a RAG escollerá o seu homenaxeado ou homenaxeada para 2017. Nas quinielas hai nomes coñecidos (Ricardo Carvalho Calero, Xela Arias, Carlos Casares, Fiz Vergara Vilariño) e outros algo menos. Quen é o teu ou a túa candidata?

  • O rap de Manuel María

    A RAG destaca a iniciativa do mestre López Cabana, que introduce o seu alumnado de Primaria na vida e obra do protagonista das Letras a través da composición dun tema musical. O docente xa explorara as posibilidades educativas destas cancións hai máis dunha década. Ver vídeo no interior

  • A 'Primavera das Letras' está na rede

    A través deste proxecto, presentado este luns na Coruña, a RAG fornecerá a comunidade escolar de recursos didácticos relacionados co Día das Letras Galegas a través da súa web.