0 Gardados para despois

Un ano nos concellos

O 13 de xuño cúmprese un ano das tomas de posesión do gobernos municipais saídos das eleccións de 2015. Durante o mes de xuño entrevistamos neste espazo alcaldes e alcaldesas das diversas forzas políticas que repasan os primeiros doce meses de mandato e os seus proxectos para o futuro.

Leticia Santos hai un ano, na súa investidura como primeira alcaldesa de Moaña

“No Morrazo demostramos que a esquerda pode chegar a acordos confluíndo no programa”

ENTREVISTA Leticia Santos (Moaña, 1985) converteuse hai un ano na primeira alcaldesa da súa vila, un concello que tivo rexedor nacionalista durante a maior parte da democracia, neste mandato en asociación co PSdeG tras os catro anos anteriores de goberno do PP. “Eu son unha nova cara, pero o BNG non é vella política”, di quen é un dos referentes da renovación que tenta acometer a súa formación.