0 Gardados para despois

Dietas investigadas

O pasado mes de xaneiro, o xulgado de primeira instancia de instrución número 1 de Caldas de Reis abriu unha investigación a sete dos nove edís do PP en Valga, entre eles o seu alcalde, por un presunto delito de malversación de fondos e prevaricación polo cobro de dietas por asistencia a unhas reunións denominadas comisións de coordinación. É unha peculiar figura allea aos órganos colexiados habituais, instaurada nesta localidade desde hai máis de dúas décadas, que supón uns 150.000 euros anuais e que a oposición denuncia como "sobresoldos" para o executivo local. A raíz da investigación, noutros municipios como Outes, Curtis, Noia, Neda, Porto do Son ou Cabanas denunciouse tamén a existencia de pagos igual de opacos.

O alcalde de Valga, Bello Maneiro, durante un pleno

Arquivado o caso das dietas de goberno en Valga malia asumir a Fiscalía varias irregularidades

A xuíza decidiu sobreser a investigación aberta contra a maioría do goberno local por presunta malversación de fondos e prevaricación tras a petición da Fiscalía, malia que esta recoñece que nin as reunións nin os pagos por acudir están "debidamente xustificados". O PSOE recorreu xa o arquivo.