De libros

  • Como escribir sobre a febre

    NOVEMBRO DE LIBROS A investigación do autor ficcional anoa con oficio indiscutible os fíos da realidade coa literatura inventada, de xeito que  a novela é creación ou recreación histórica que remata ancorando tamén no momento actual. Eu míroo 'O xardineiro dos ingleses' como un libro sobre un escritor que quere escribir e non pode. Por Berta Dávila

  • Outubro de libros: Arousa

    Á solvencia para narrar cómpre sumar a intromisión frecuente do sentido do humor particular do autor, Carlos Meixide, e unha vontade de introducir un universo adolescente moi desafectado, libre de toda pretensión de tratar os temas que supostamente interesa tratar cos adolescentes nunha aula

  • Outubro de libros: Ceiba de luz

    Moitas son as razóns que contribúen a pensar que o libro é unha aposta segura. A primeira delas é a mestría no oficio de narrar do autor. A verosimilitude na construción dese espazo amazónico contribúe ao acrecentamento da importancia da selva que, co avanzar das páxinas, convértese nun inquietante personaxe