0 Gardados para despois

Memoria antifranquista

Espazo de memoria histórica en Praza.gal

Anxo Nogueira Nogueira e a súa esposa Carmen Miguel Agra

75 anos "do suicidio colectivo máis grande da guerra civil"

O 23 de abril de 1937 nove persoas -socialistas, anarquistas, galeguistas e comunistas- que tentaban fuxir a Francia dende o Berbés no bou Eva, perderon a vida ao ser descubertos polas autoridades fascistas. Preferiron suicidarse a entregárense. A asociación cultural viguesa á que lle dá nome a embarcación organiza un recital poético este luns, a partir das oito e media no Berbés.

Fachada principal do Pazo de Meirás

Así roubou Franco o Pazo de Meirás

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña continúa coa súa campaña para difundir as coaccións e ameazas a través das que os cidadáns da comarca foron obrigados a achegar cartos para mercar o inmoble para regalarllo ao ditador. En concreto, fai pública unha serie de documentos que exemplifican como se levou a cabo este espolio en Carral.

Araceli Freire

“No agro as formas de protesta utilizaban o propio discurso do franquismo”

O mito da Galicia leal ao franquismo revélase máis feble con cada unha das novas investigacións historiográficas que cuestionan a imaxe dos labregos como aliados do réxime. A comprensión da lóxica propia dos movementos sociais do agro foi un paso fundamental neste proceso, ao que a historiadora Araceli Freire achegou unha perspectiva non tan desenvolvida, que é o estudo do protagonismo feminino. O seu libro O monte é noso. As mulleres e a conflitividade social no medio rural galego durante o franquismo gañou o premio Xohana Torres de Ensaio.