0 Gardados para despois

8 de marzo

O domingo 11 de marzo terá lugar en Compostela unha manifestación unitaria, baixo o lema Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos, que conta co apoio de todos os colectivos feministas do país, sindicatos, organizacións non gobernamentais e outras entidades. A reivindicación dos dereitos das mulleres volvo ás rúas motivada por un cotexto de crise económica que prexudica especialmente ás traballadoras, con máis desemprego e aínda salarios inferiores. Pero a manifestación tamén denuncia "o recrudecemento do machismo nas institucións e a ausencia de políticas feministas reais", concretadas en medidas adoptadas polo Goberno galego, coma a eliminación de organismos como o Servizo galego de Igualdade, os Centros de Información ás Mulleres e de orientación afectivosexual, os impedimentos para acceder a métodos contraceptivos e, sobre todo, a última proposta de derrogar a Lei do aborto, que ten o seu punto de partida na Lei da familia.

María Rosario López Juárez

“Escoito moitas veces que o día que as mulleres cheguen ao poder, acaban os homes”

María Rosario López Juárez fala mam, un dos 25 idiomas que cohabitan, en desigual situación, dentro de Guatemala. En lingua mam pequeno dise nunch, rabia tx’u’j, queixo é kyes, e q’anlob’aj significa "mamón". Recolle o cabelo coa diadema tradicional da súa estirpe maia, rematada en borlas shoap, e se dirixe con paciente didactismo ao pequeno auditorio dunha xornada organizada por Panxea-Comercio Xusto e Sodepaz na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela.

Marita Gallego Abeledo, de Mugardos, Comisaria Política do Destacamento Enrique Líster da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro

“As guerrilleiras eran mulleres cun compromiso político inequívoco”

“Os fascistas nunca nos poñerán no lugar que corresponde, sempre nos rebaixarán. As guerrilleiras eramos como todas as mulleres e nada tiñamos que ver coa imaxe que tiñan de nós. Sabiamos cal era a nosa loita. Eramos donas dos nosos actos e non tiñamos que darlle explicacións a ninguén". Fala así Consuelo Rodríguez López, ‘Chelo’, unha das protagonistas do ensaio de Aurora Marco ’Mulleres na guerrilla antifranquista galega’.

  • “Quen tirou deste país foi a muller”

    “Chegou o tempo de Eva, os tempos das Evas, das mulleres que gardan tesouros vivos na súa memoria, que amosan a sabedoría dun pobo en cada estrofa, que cantan á vida para darlle vida a un tempo que se foi e non vai volver”. Así presentan Leilía o seu novo disco, ConSentimento, homenaxe ás creadoras e transmisoras da nosa tradición musical. Mulleres fortes, activas. Mulleres galegas. Montse River fálanos deste traballo, que presentaron este venres en Compostela.

  • “Feminismo é a unidade das mulleres para xuntas construír outro mundo posible"

    Varios milleiros de persoas, homes e mulleres de todas as idades, participaron este domingo na manifestación unitaria Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos. Nun ambiente de festa e reivindicación, denunciouse o proxecto do Goberno central de revisar a lei do aborto, retrocedendo trinta anos na lexislación e advertiuse de que as mulleres son as que máis sofren a crise económica. Vídeo no interior.

  • Só o 5% das labregas se xubilará coa pensión completa, fronte ao 80% dos labregos

    “Non sabemos que pasará no agro, se as labregas galegas seguiremos a carecer de recoñecemento e de dereitos, sen un estatuto xurídico que os recolla, e cunha lei de cotitularidade sen desenvolver. Esa constitúe unha das reivindicacións do 8 de marzo deste ano”. A que fala é Lidia Senra, líder durante dezaoito anos do Sindicato Labrego Galego (SLG), un dos poucos que historicamente se comprometeu na visibilidade e defensa das campesiñas.

  • “Debemos ver os homes como parte implicada na loita feminista”

    Con case tres décadas de vida, Andaina pode presumir de ser a revista feminista galega máis antiga que se publica hoxe en día no país. Na semana de celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Ana Arellano, membro de Andaina de Mulleres e do Consello de Redacción da Revista Andaina, repasa cales foron os camiños andados polo feminismo galego e os que lle quedan por andar nunha loita pola igualdade que na actualidade, asegura, “segue a ser unha utopía”.