0 Gardados para despois

Planeta Galicia

Espazo de crónica política. Por Anxo Lugilde.

Feijóo, con Rajoy nun mitin do PPdeG

Os 1.942 días de Mariano co “veleno dentro”

A agonía de Rajoy fíxose interminable froito da debilidade da democracia española, a súa lendaria resistencia herdada de Albor e os erros encadeados dos rivais. Agora acelerouna a sentenza que confirma a veracidade dos papeis de Bárcenas e que pon en perigo a súa continuidade, polo incerto camiño da moción de censura ou polo seica máis viable pero moi complexo de que se forcen eleccións axiña. Por Anxo Lugilde.

Feijóo trala súa rolda de prensa deste venres

Fariña, a pedra no camiño triunfal de Feijóo

CRÓNICA | A semana das Letras foi a mellor para o presidente da Xunta nos tres últimos meses, debido a que xa non se emite a serie de Antena 3 que, como fixera antes o libro de Carretero, puxo de actualidade as súas fotos con Dorado, xusto cando o dos Peares estaba nunha interrompida ofensiva mediática alén de Pedrafita. Por Anxo Lugilde