0 Gardados para despois

Xuízo aos mariscadores

Centos de cidadáns en máis de corenta embarcacións foron quen de parar en tres ocasións (7, 8 e 29 de maio de 2007) os gaseiros que pretendían deixar a súa carga na planta de Reganosa, en Mugardos, que estaba a piques de entrar en funcionamento. A policía empregouse con dureza e chegou a pechar o peirao de Ferrol para impedir as accións. Finalmente, sesenta mariñeiros, entre as moitas persoas que participaron, foron acusados "de desordes públicas, desobediencia grave á autoridade e coaccións graves". O xoves 22 de marzo, cinco anos despois, iníciase o xuízo contra oito mariscadores nos que a Fiscalía concentrou as acusacións.

Rolda de prensa ofrecida polos mariscadores acusados, o Comité Cidádán e Nemesio Barxa, avogado defensor

Os mariscadores acusados lembran que moita máis xente participou na protesta contra a entrada do gaseiro

Na primeira xornada do xuízo contra os oito mariñeiros ferroláns acusados de bloquear a entrada do Galicia Spirit en 2007, a maior parte asumiu a súa participación nas mobilizacións, pero negaron que os actos estivesen liderados pola Confraría e sinalaron que moita xente se manifestou no mar ese día. O xuízo continuará os días 26 e 28.

Os mariñeiros, fronte ao barco

As testemuñas da defensa inciden en que a protesta contra os gaseiros foi dirixida polo Comité Cidadán

O xuízo contra os mariscadores de Ferrol quedou listo para sentencia, coa retirada dos cargos para un deles e a rebaixa da pena solicitada para o resto. Na segunda xornada do xuízo (a terceira suspendeude, ao retirar a defensa varias testemuñas) unha ducia de membros do Comité, entre eles Yolanda Díaz, Manuel Rodríguez Carballeira, Luz Marina Torrente ou Eliseo Zaera, lembraron que eles tamén participaron nas protestas.