0 Gardados para despois

Folga Xeral

O xoves 29 de marzo o goberno de Mariano Rajoy -catro meses despois de gañar as eleccións- vivirá a súa primeira folga xeral, contra o seu proxecto de reforma laboral na véspera da presentación duns orzamentos (atrasados até despois das eleccións en Andalucía e Asturias) que traerán máis recortes no gasto público. Os sindicatos nacionalistas -CIG, ELA e LAB- adiantáronse na convocatoria e finalmente CC.OO. e UGT uníronse na convocatoria, aínda que finalmente non haberá manifestacións unitarias. Vigo acollerá as mobilizacións centrais en Galicia.

Unha das marchas de CCOO e UGT

Históricas manifestacións contra a reforma laboral

Os sindicatos falan de mobilizacións "históricas", con centos de milleiros de galegos e galegas nas rúas. Vigo viviu as marchas máis numerosas, con 200 mil manifestantes, segundo os sindicatos, cifra que a policía rebaixa a 105 mil en total. Pero tamén A Coruña tivo unha participación masiva, máis de cen mil persoas segundo os sindicatos, un éxito mesmo recoñecido polo Concello, que contabilizou 60 mil. E de igual xeito en Ferrol (50 mil), Compostela (40 mil), Pontevedra (25 mil), Ourense (15 mil) ou Lugo (15 mil), segundo as centrais convocantes. Máis aló da guerra de cifras, a participación rebordou as expectativas e foi moi superior á rexistrada nas mobilizacións laborais da última década. Nas rúas e prazas houbo ambiente de festa e de primavera das persoas. Galería de imaxes no interior.

Marea galega en defensa do traballo digno

Os sindicatos falan de mobilizacións "históricas", con centos de milleiros de galegos e galegas nas rúas. Vigo viviu as marchas máis numerosas, con 200 mil manifestantes, segundo os sindicatos, cifra que a policía rebaixa a 105 mil en total. Pero tamén A Coruña tivo unha participación masiva, máis de cen mil persoas segundo os sindicatos, un éxito mesmo recoñecido polo Concello, que contabilizou 60 mil. E de igual xeito en Ferrol (50 mil), Compostela (40 mil), Pontevedra (25 mil), Ourense (15 mil) ou Lugo (15 mil), segundo as centrais convocantes. Máis aló da guerra de cifras, a participación rebordou as expectativas e foi moi superior á rexistrada nas mobilizacións laborais da última década. Nas rúas e prazas houbo ambiente de festa e de primavera das persoas.

Manifestación da CIG no día da última folga xeral en Vigo

Os sindicatos eloxian o "apoio masivo" dos galegos á folga xeral

As centrais galegas destacan o "rotundo éxito" do paro e das manifestacións en Galicia, advirten que continuarán coas protestas e reparan no alto nivel de mobilización do país en comparación con outras comunidades autónomas. Falamos con Suso Seixo (CIG), José Manuel Sánchez Aguión (CC.OO.), José Antonio Gómez (UGT) e Ricardo Castro (CUT).

  • Revista de Prensa. Para Le Monde: "España convértese na gran preocupación de Europa"

    El Periódico de Catalunya leva un editorial á súa portada titulado Xusta, sexa útil ou non, mentres que todas as cabeceiras inciden na situación crítica da economía española e os xornais de dereitas cargan contra os sindicatos. A prensa internacional tamén dedica amplos espazos á convocatoria de folga, e salienta os graves problemas da economía española e batalla polo sostemento do Estado do Benestar.

  • Os sindicatos cifran nun 90% o seguimento da folga xeral, o Goberno rebaixa os datos

    "Apoio masivo" e "éxito" son as primeiras valoracións das centrais, que se congratulan pola participación unánime dos traballadores da gran industria do país, dos portos e lonxas e mais do transporte, así coma do ensino, e sitúan o seguimento global nun 90%. No conxunto do Estado, os sindicatos cifran nun 85% o seguimento do paro. O Goberno non ofreceu datos, pero cualifica o seguemento do paro de "baixo" e inferior ao da folga xeral de 2010, aínda que a propia CEOE recoñece un "alto seguimento" na industria, no norte de España e nas grandes cidades. A Xunta fala dun 35% na administración autonómica (por un 90% dos sindicatos). O consumo eléctrico é máis dun vinte por cento inferior ao do pasado xoves e semellante ao dun domingo. 

  • Galicia vivirá a súa décimo cuarta folga xeral

    Na historia das mobilizacións de traballadores destaca a conflitividade de 1984 e 1985, con cinco folgas xerais en dous anos, motivas as máis delas pola reconversión industrial. Tamén a do 12 de novembro de 1988 o plan de emprego xuvenil e a política económica do goberno socialista, que paralizou o país por completo. Ou as que tiveron lugar en 1992 e 1994, no contexto dunha dura crise económica. Tamén a que en 2002 obrigou a José María Aznar a modificar o chamado decretazo ou a do 29 de setembro de 2010, a primeira que sufriu Zapatero. Liña de tempo no interior.

  • Alcoa recibirá 850.000 euros da Consellería de Industria en pleno ERE

    O Goberno galego financiará o 55% do proxecto de gasificación da factoría da multinacional estadounidense na Coruña mentres os traballadores se mobilizan contra a regulación de emprego que comezará en abril. Segundo o cadro de persoal, a situación da factoría é "crítica" pola falta dun contrato enerxético. Audio no interior.

  • Galicia liderou o desencanto contra a reforma laboral

    As cidades galegas enchéronse de xente o 29-M. Atendendo aos datos facilitados polos sindicatos e as policías locais, o número de manifestantes en Vigo e A Coruña foi o maior do Estado en termos porcentuais, xa que tres de cada dez habitantes terían asistido ás marchas das principais centrais.