Artes Escénicas en loita

  • Chévere e a Nasa, triunfadores dos María Casares

    Citizen fíxose cos premios ao mellor espectáculo, mellor director (Xesún Ron), mellor actriz (Patricia de Lorenzo) e outros dous galardóns. E a traxectoria da propia Sala Nasa foi homenaxeada co Marisa Soto, nunha gala que tamén recoñeceu a Avelino González cos premios ao mellor texto e á mellor adaptación. Os recortes económicos estaban no ambiente e houbo referencias constantes pero sutís á falta de apoio público. Xesús Ron chamou a "tender pontes á sociedade" e á "facer teatro xuntos". Galería e audios no interior.

  • “Estamos gobernados por incompetentes en materia cultural”

    Este martes entregaranse os Premios María Casares do Teatro. Avelino González, por Pelos na lingua; Xesús Ron, por Citizen, e Xulio Lago, por E.R. (algún día traballaremos xuntas) son os tres finalistas na categoría á mellor dirección. Praza xuntounos en Compostela para tentar realizar unha radiografía do sector teatral nestes tempos de crise, recortes e despois dunha celebración do Día Mundial do Teatro caldeado pola destitución da ex directora do Centro Dramático Galego (CDG).