0 Gardados para despois

Arden as fragas

O parque natural das Fragas do Eume padece dende o mediodía deste sábado un devastador incendio que arrasa un dos bosques atlánticos máis importantes de Europa. Iniciado contra as dúas da tarde no municipio da Capela, a existencia de tres focos iniciais no lume obrigou a decretar a alerta nivel 1 pola proximidade das lapas ás vivendas e que se estendeu, seguindo o curso do río, cara a catro concellos veciños, entre eles As Pontes. O alcalde da Capela lamenta que no seu municipio xa non quede "un metro cadrado" de fraga sen queimar porque "ardeu todo" e denuncia que durante a noite se produciron "erros de coordinación" entre os diferentes medios de extinción. 

  • "Quen quere aforrar cartos en protexer a terra ten responsabilidade"

    Praza estivo nas Fragas do Eume cando xa pasara o peor do lume e falamos con veciños e activistas. Por que se queimaron? Quen son os responsables? Que se debe facer para recuperalas? A Plataforma para a Defensa das Fragas crea unha lista de voluntarios e voluntarias para colaborar coa administración e os propietarios nas labores inmediatas conducentes a minimizar e paliar no posible os efectos do lume e este mércores entregaralle ao director do Parque Natural un documento con oito reivindicacións concretas para a Xunta.

  • Pontedeume dixo: "Lumes nunca máis"

    Case un milleiro de persoas participaron este luns nunha asemblea cidadá para constituír a Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume. Foron moitos os cidadáns, membros de colectivos ou a título individual, que quixeron compartir as súas preocupacións e a súa opinión sobre o sucedido, sobre os responsables da catástrofe e as posibles solucións.

  • ADEGA denuncia que dende o outono arderon máis de 16 mil hectáreas en espazos protexidos

    Os lumes afectaron os LICs de Baixa Limia-Xurés; Macizo Central; Pena Trevinca; Pena Maseira; Ancares-Courel; Canóns do Sil e Pena Veidosa. A asociación denuncia que a Xunta "que agora proclama ter un plan para rexenerar as Fragas (750 hectáreas queimadas), non fixo ren para recuperar as 15.839 de valioso patrimonio natural arrasadas en menos de 6 meses".

  • A indignación bérrase no Eume e en toda Galicia

    Unhas 800 persoas concentráronse este luns diante do Concello de Pontedeume para conformar a Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume e en en protesta pola xestión do incendio que arrasou unha parte deste bosque atlántico. Nas sete cidades galegas e en moitas vilas tamén houbo concentracións, nas que se demandou unha nova xestión forestal e dimisións políticas. Galería no interior

  • Medio Ambiente eleva a 1.000 hectáreas o desastre do Eume, Medio Rural manteno en 750

    A conselleira do Medio Rural recoñece que a estimación de hectáreas queimadas aínda é "provisional" e o conselleiro de Medio Ambiente xa estima que foron arrasadas 1.000 hectáreas. A Xunta, dende o seu Twitter, di que "a cifra oficial non variou". Tras a segunda noite de batalla contra as lapas o Goberno as brigadas traballan arreo antes de que o vento reavive a mediodía. O Goberno galego atribúe as queixas dos alcaldes ao "nerviosismo" e pon a Hernández á fronte da relación cos cinco concellos.