0 Gardados para despois

276.795 paradas/os

O paro non dá tregua en Galicia. O número de desempregados rexistrados nas oficinas de emprego alcanzou en marzo as 276.795 persoas, 2.120 máis que no pasado mes de febreiro, o que supón un incremento do 0,77%, unha cifra semellante á media do incremento no conxunto do Estado, que foi do 0,82% ata superar os 4,75 millóns de parados. En termos interanuais, o país conta con case 28.000 desempregados máis que no mes de marzo do ano pasado, o que equivale a unha suba do 11,05%, polo que Galicia sitúase como a quinta comunidade con máis paro rexistrado en España e cunha evolución interanual peor que a media estatal, que queda no 9,63%. Xa que logo, o primeiro mes coa nova reforma laboral en vigor remata con 2.120 desempregados máis no país ata alcanzar os 276.795 demandantes, segundo datos do Ministerio de Empleo.

Oficina de emprego

Un de cada cinco galegos en idade de traballar está en paro

A taxa de desemprego en Galicia supera o seu teito histórico e alcanza xa o 20% segundo os últimos datos da EPA, o que supón un total de 265.600 parados. O conxunto do Estado alcanza un novo récord ao acumular 5.639.500 desempregados, un 24,44% da poboación activa.

Protesta contra os despedimentos na Fundación Calidade

A Xunta 'esquece' a Red Madre para despedir unha muller embarazada

A Fundación Calidade, dependente de Industria, comeza a utilizar a reforma laboral para botar por "razóns produtivas" a unha traballadora que agarda un fillo. Na mesma semana, o Goberno galego insistiu en que os "non nacidos" serán considerados "membros da unidade familiar" para solicitar axudas, en virtude da lei impulsada polo Foro Español de la Familia.

  • Os parados de longa duración triplícanse con Feijóo na Xunta

    O paro aumenta en Galicia a maior ritmo que no Estado e incrementouse nun 11% desde o pasado ano, especialmente entre os máis novos. Desde a volta do PP á Xunta en 2009, o número de desempregados de longa duración multiplicouse por tres e expertos economistas non albiscan melloras: "Non hai unha política económica definida; non hai plan ningún". 

  • Feijóo anuncia un plan de emprego para o mesmo día da folga

    O presidente da Xunta desvela un proxecto dotado de 30 millóns de euros para beneficiar a 44.000 parados só un día antes do 29-M, un plan que a oposición considera "outro titular para chamar a atención". O PSdeG recórdalle que a iniciativa "equivale unicamente a 55 euros ao mes por cada beneficiario".