0 Gardados para despois

Celta-Dépor

Volve o derbi a Balaídos nun gran momento para os dous equipos, primeiro e segundo na clasificación, ocupando os postos de ascenso directo e máximos favoritos para o regreso a Primeira (con permiso dun Valladolid en racha). Os celestes (coa resolución do partido de Cartagena pendente) necesitan a vitoria, mentres que os branquiazuis saben que un triunfo confirmaría practicamente o seu ascenso. Porén, máis alá da clasificación este é un partido especial para os dous equipos, para as dúas afeccións e para o fútbol galego en xeral, cunha saúde fortalecida grazas á numerosa presenza de xogadores da canteira nun e noutro cadro. Un partido especial, cheo de tensión, unha tensión que debería quedar no rectángulo de xogo, en sana rivalidade e nun partido intenso.

Vicente Celeiro posa no estadio de Riazor

"Non lle vexo solución á violencia no derbi galego"

Vicente Celeiro (Vilalba, 1962) recoñécese “un caso atípico” ao non poder elixir entre o branquiazul e o celeste. Ex xogador do Deportivo e do Celta nos anos 80, declárase afeccionado dos dous grandes galegos, pero vive a rivalidade na súa propia casa. O seu fillo maior, coruñés, é "celtarra de todo", o pequeno, vigués, é un orgulloso deportivista. 

Domínguez e Oubiña. Ao fondo, Álex Bergantiños e Iago Aspas

A canteira resucita no Celta e no Deportivo

No último derbi en Primeira División, hai xa cinco anos, había máis uruguaios que galegos sobre o campo. No enfrontamento de rivalidade do pasado mes de novembro, xa en Segunda, nove galegos e dez canteiráns pisaron o céspede de Riazor. Seis coa camisola celeste e catro coa branquiazul. Son outros tempos. Eran outros tempos.

Borja celebra o 2-3 para o Deportivo

O Deportivo gaña un derbi para a historia

Un gol de Borja no tempo engadido deulle a vitoria ao Deportivo nun derbi fantástico. Os dous equipos demostraron que son de Primeira. Os coruñeses adiantáronse cun 0-2, pero o Celta logrou empatar. No desconto, o balón parado deulle a vitoria aos branquiazuis. 

  • Humor retranqueiro para a concordia no derbi

    Un grupo de alumnos da Facultade de Xornalismo de Santiago elabora un vídeo humorístico no que converten uns peculiares Romeo e Xulieta en seareiros de Deportivo e do Celta co obxectivo de promover "unha rivalidade sá e entre amigos"

  • Vilalba, o epicentro do derbi

    Vilalba, na Terra Cha, é a sede das dúas peñas decanas do Deportivo e do Celta. Os presidentes de ambas as dúas agrupacións, amigos e compañeiros, reúnense para falar do derbi, dan exemplo dunha rivalidade ben entendida e soñan "cunha festa conxunta" para celebrar o ascenso dos dous equipos. Renegan da violencia e dos "energúmenos" e reclaman aos políticos e aos clubs "que se impliquen para fomentar a concordia e non o contrario". 

  • “Televisar os partidos fixo aumentar a tensión no derbi galego”

    Javier Maté e Carlos Ballesta viviron unha morea de derbis. E foron protagonistas daquel recordado encontro do penalti de Alvelo e os altercados nas bancadas de Riazor. Ambos os dous apostan pola tensión no campo e a confraternidade fóra del e lembran as liortas políticas que subiron a tensión da rivalidade.