0 Gardados para despois

audiovisual galego

O audiovisual feito en Galicia celebra esta fin de semana na Coruña a súa festa anual, a Gala dos Mestre Mateo. Faino nun momento de crise económica e de recortes nas achegas da administración.

Fotograma de 'A pedra do lobo'

“O xénero experimental é tan vello coma o cinema. Foron as salas comerciais as que se afastaron del”

Que Marcos Nine estea a presentar o seu filme La Brecha no Festival Internacional de Cine Independente de Bos Aires (BACIFI) é unha proba máis de que o Novo Cinema Galego non é só unha etiqueta, senón unha realidade que está a dar os seus froitos. E aínda máis. É un síntoma de que o cine experimental atopou o seu espazo no noso país. “O que está a pasar é que, por unha vez na historia, non chegamos con retraso, senón ao mesmo tempo que os demais, con autores de éxito internacional como Óliver Laxe ou Xurxo Chirro”, salienta o crítico Martin Pawley.

Santamaría, con Wert e Mato, tras o Consello de Ministros

O PP asegúrase o control de RTVE e abre a porta á fin das autonómicas

O Consello de Ministros aproba que a maioría absoluta no Congreso sexa dabondo para elixir os dirixentes dos medios públicos do Estado e permite eliminar ou privatizar as canles das autonomías. As que continúen terán que ter equilibrio orzamentario, o que para a CRTVG implica reducir unha débeda de apenas 3 millóns.