0 Gardados para despois

Do 15M ao 12M

O 15 de maio o 15M fará un ano. Foron meses de cambios de goberno, agravamento da crise económica e dos recortes dos dereitos e dos servizos sociais. Meses de evolución tamén nun movemento difícil de definir e que se acabou misturando con colectivos de todo tipo en distintas loitas sociais. Este sábado o 15M volve ás rúas, sete meses despois da súa última manifestación.

Manifestación do 15M en Santiago

Ao 15M multiplícanselle os 'amigos' no Parlamento

No primeiro aniversario do inicio das mobilizacións a oposición galega observa o movemento como unha "xusta indignación" e "chamada de atención aos partidos". O PP afirma agora que xa levou á práctica algunhas das súas reivindicacións

Paralizan un desafiuzamento en Ferrol

Unha concentración diante da oficina central do BBVA na cidade conseguiu evitar o desafiuzamento do café bar O Carballo. Os afectados denuncian que a entidade adquirira un compromiso verbal polo cal se comprometían a venderlle o negocio se este ingresaba o diñeiro da hipoteca, cantidade que conseguiron mediante un crédito con outra entidade, chegando a hipotecar unha vivenda. Porén, o BBVA pareceu retractarse do compromiso adquirido, até que este martes, a presión social fixo que o banco aceptase saldar a débeda contraída. Galería no interior.